mércores, 31 de outubro de 2018

VIDEOCONTOS POLO SAMAÍN

Parécenos unha iniciativa taaaan bonita que este equipo decidiu que merece unha entrada propia dentro do blog de Dinamización da Lingua Galega. Veredes:


Os titores de 2º, Verónica, Beatriz e Rubén, converteron ao seu alumnado en narradores de contos e, ademais, puxéronlles voz ás súas propias ilustracións. Como se isto fora pouco, non conformes, crearon uns videocontos fermosísimos!!! 

Aquí tedes. Esperamos que gocedes tanto coma nós cos VIDEOCONTOS POLO SAMAÍN!





  

MAGOSTO 2018 - Actualizado

Atención nenos e nenas, familias... todos e todas!!!
O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está a organizar a celebración do MAGOSTO para o mércores 31 de outubro. Tedes os vosos bandullos preparados?

Deixámosvos unha curiosidade sobre as variedades de castañas que podemos atopar polos soutos e as nosas fragas.

31 de outrubro de 2018: Chegou o día!! No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos deste día onde a choiva deixounos unha tregua para gozar das castañas e dos xogos populares que argallaron as profes de cada nivel.


Ademáis, como a data coincide co SAMAÍN os nenos e nenas de 1º e 2º de educación Primaria xunto coas súas profes adornaron o recibidor do cole baseándose na película COCO. Mirade que bonito lles quedou!


Por outra banda, o alumnado e profes de infantil tamén adornaron o seu edificio terroríficamente.


Aquí vos deixamos un pouco de música para acompañar esta festa terrorífica con Uxía Lambona e a Banda Molona

Deixámosvos outra curiosidade sobre a FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS do Museo da Terra de Melide.

"Os rosarios feitos con castañas cocidas, coa súa monda, resposta a unha tradición moi curiosa, hoxe por desgraza esquencida. As nais e avoas elaboraban os rosarios o Día de Todos os Santos e poñíanllos ós nenos para ir ata ós camposantos, coa crenza de que por cada castaña comida polos cativos, liberaban do seu tormento ás ánimas do purgatorio.

¿Quen non recorda levar un destes rosarios o día de todos os Santos cando acodía ó cemiterio? ¡Como pesaba!

Non deixemos que as nosas tradicións desaparezan. O Museo da Terra de Melide considera que non debemos permitirnos o luxo de deixar que se esvaeza a nosa rica cultura popular por causa da introdución comercial de determinadas manifestacións doutras sociedades que nada teñen que ver coa infinita e plural tradición propia do territorio galego. Tal é o caso da adopción do Halloween norteamericano, que se impuxo á celebración da festividade de Santos e Defuntos e tamén á festividade do Samaín de raigame indoeuropea (que volveu ás nosas latitudes reconvertida e reciclada a modo de Halloween cheo de zombies, vampiros, pantasmas e cabazas ocas de caras diabólicas, que mesmo chegaron a substituir e mandar para o faiado incluso á nosa arraigada Santa Compaña, Hoste, Estantiga, Estadea,... da que tanto se leva falado ó redor das lareias nas noites de invernía na nosa sociedade ancestral). 
[...]
Aínda que os nenos non coñezan o significado que envolvía esa práctica (a de liberar ás ánimas do purgatorio), sabrán que nesta festividade se leva a cabo esa práctica tan curiosa.

Parabéns pois, por contribuír a manter viva unha das nosas tradicións propias, que noutras partes desapareceron."






luns, 29 de outubro de 2018

EXPOSICIÓN ARTISTADAS DO OUTONO 2018

Grande afluencia de público na xornada de visita á exposición de ARTISTADAS DO OUTONO!


O luns 29 de outubro, as familias visitaron a exposición de artesanía elaborada con elementos e produtos típicos do outono que elas mesmo crearon. 

Houbo varios puntos de exposición nos corredores tanto do edificio de educación infantil coma do de educación primaria.


Verdadeiras obras de arte que reflectían creatividade, esforzo e cariño cos que se fixeron.

Moitas grazas pola vosa participación!!


No seguinte enlace podedes ver detalles da exposición e momentos da visita:

luns, 22 de outubro de 2018

ARTISTADAS DO OUTONO

Comeza a exposición das ARTISTADAS DO OUTONO!!!
Mirade, mirade, que chuladas nos van achegando as nenas e nenos coa axuda das familias.











As familias poderán visitar a exposición o luns 29 de outubro de 4 a 5 da tarde. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.







venres, 19 de outubro de 2018

Benvido Outono 2018

-BENVID@S AO CURSO 2018-2019-

Damos a benvida a este novo curso 2018-2019 recibindo cos brazos abertos ao OUTONO!!!

A partires do luns 22 ábrese un espazo de exposición de ARTISTADAS DO OUTONO coas achegas do alumnado e das familias en forma de artesanía.
Mirade que cousiña máis bonita fixo Sara Piñeiro García (5 anos) coa súa familia: "A familia Castaña e o outono".


E que mellor cousa hai para concienciar aos máis pequenos do que está a acontecer ao noso redor? Pois ir de "investigación"!! Pois alá marcharon os máis pequenos do cole de roteiro polo REGO DAS XESTEIRAS!!

Nesta visita puideron sentir a humidade do ambiente, recoller follas e froitos desta estación, observar animais, percibir o efecto da man do ser humano na paisaxe... 
E vós? Saberíades recoñecer os elementos que atoparon estes cativos na súa saída?

Chegada ao parque de Celas de Peiro coa igrexa de Santa María ao fondo.

Posando coa Torre de Celas ou Fortaleza de Vinseira.

Xa no inicio do roteiro do Rego das Xesteiras aprézanse os cambios que produce o outono na paisaxe.

E para desprazarse polos seus camiños hai que ter moooi boa cordinación corporal e ser conscientes das propias capacidades e limitacións!!

O ser humano aproveitou a forza da natureza para o seu beneficio: creou os muíños de auga para moer o gran.

Atoparon eirugas, lesmas, arañas e caracois no camiño e puideron ver simpáticos zapateiros no río.


Recolleron unha mostra do atopado para analizar tranquilamente nas aulas.

E, por suposto, con semellante camiñata foi necesaria unha boa merenda para repoñer enerxía.

Realmente, estes nenos e nenas viviron unha magnífica xornada de convivencia en plena natureza!

(queda terminantemente prohibida a publicación do seu contido nas redes sociais)