Estamos a tope coa actividade TEMOS MOITO CONTO! semella que novembro foi un mes apetecible para contar contos.
Candela e Noa, de 5º, contaron A tartaruga que quería durmir aos nenos e nenas de 5 anos.
Andrea e Inés, de 5º, deixaron abraiados aos pequenos de 3 anos co seu conto.
Candela e Noa, de 5º, contaron A caixa de cartón en 5 anos.
Sabela e Reda, de 5º, tiveron intrigadísimos aos nenos de 4 anos co seu conto.
Andrea e Inés, de 5º, contaron A vella na botella aos nenos e nenas de 4 anos.
Hugo Eiroa, de 5º, contoulles aos máis pequenos do cole Os Bolechas queren saber que é o solo.
Mencía, Nayara e Noela, de 3º, contaron As porcas porquiñas aos cativos e cativas de 4 anos.
Claudia, Irene e Julieta, de 5º, fixeron partícipes ao alumnado de 2º do conto Eu son unha árbore.
Moitas grazas a todas e todos por participar!
Moitas grazas a todas e todos por participar!