sábado, 21 de decembro de 2019

Mes de NADAL

Este mes andivemos ben atarefados co remate do trimestre. O concurso de postais, a confección do calendario, destacando a muller na nosa cultura, e as panxoliñas tivéronnos ocupados todo o mes.


A portada do almanaque leva o debuxo gañador do Concurso de Postais de Nadal de Martín Rodríguez Osende, de 6º C, elexido por este equipo por relacionar un invento do século XX co Nadal. Noraboa!  




Como di Rubén, coordinador do EDLG, comezar o ano con Ana Kiro, o verán con Maruxa Mallo e Sés, e o outono con M. Victoria Moreno non está nada mal. Se polo medio quedas con Emilia Pardo Bazán, María Casares, Fina Casalderrey ou María Miramontes, pois xa está a festa completa!

Algunhas destas caricaturas foron coloreadas polo alumnado de infantil e outras debuxadas e coloreadas polos máis maiores.

Rematamos o trimestre cantando e escoitando as panxoliñas que nos tiñan preparados os máis pequenos do cole.






FELIZ 2020!! 😘


xoves, 28 de novembro de 2019

TEMOS MOITO CONTO! de novembro

Isto estase a poñer moooi interesante! Cada vez son máis nenos e nenas que queren achegarse a contar contos aos máis pequenos do cole.
Aquí tedes as imaxes dalgúns contacontos deste mes de novembro.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

 Lola e Xoán con Até as princesas soltan peidos.

 Carolina e Amed

Aitor e Hugo con A bruxa regañadentes.


Noa, Paula e Inés con Os ratos da casa.

Julieta, Andrea e Andrés

Mencía e Noela en primeiro de primaria con Martiño, o cociñeiro.



Julieta e Andrea con A vella na botella.



venres, 22 de novembro de 2019

CAMIÑO ao 25 de NOVEMBRO


En 1999, a ONU declara o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, na honra das irmáns Mirabal, feministas dominicanas activas militantes contra o réxime de Trujillo, asasinadas ese día de 1960.

Dende o Sofía Casanova traballamos para desenvolver no alumnado a capacidade crítica para eliminar comportamientos negativos que aínda están presentes na nosa sociedade.



A continuación, conectámonos coa TVilaboa do alumnado de quinto de Educación Primaria para coñecer as conclusións sobre os estereotipos de xénero.



NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!





domingo, 3 de novembro de 2019

TEMOS MOITO CONTO! de outubro

Co comezo do curso tamén o fan as sesións de TEMOS MOITO CONTO!
Lembramos que esta actividade, promovida polo EDLG, consiste en que os nenos e nenas de cursos de maior idade contan contos en lingua galega aos máis pequenos, durante a sesión dedicada á lectura, despois do recreo.
Esta actividade resulta moi motivadora tanto para os que se encargan de contar como os que escoitan. Fomenta a lectura, a escoita e o desenvolvemento para falar en público.
Sen máis, mostrámosvos unha pequena selección do que foi este primeiro mes.







O alumnado dende segundo ata sexto de educación primaria contaron o conto escollido na aula asignada.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

venres, 1 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Coa chegada do outono, volven as castañas aos chans dos nosos soutos e, como non pode ser doutro xeito, o cole festéxao cun MAGOSTO.
Juan, o director do cole, asando unhas poucas castañas como mostra para os cativos e cativas. 
O resto foron asadas na panadería Vilaboa.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DA DEGUSTACIÓN

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, coa colaboración de todos os equipos, organizou a xornada do 30 de outubro coa degustación de castañas asadas e coa realización de xogos tradicionais.











FELIZ TEMPO DE MAGOSTOS!!

xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

Menuda liamos dende o EDLG coa chegada do SAMAÍN!!!
O cole encheuse de muráis e cabazas terroríficos que adornaron os corredores.





Durante tres días o alumnado do Sofía Casanova foi pasando pola COVA DO SAMAÍN... unha verdadeira cova do medo!!
Alí puideron escoitar historias arrepiantes da nosa cultura tradicional da man de meigas, vellas e narradores tenebrosos.



FELIZ E TERRORÍFICA NOITE!!

 






domingo, 15 de setembro de 2019

Bo curso 2019-2020 A TODAS!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos a todas as persoas que conformades a comunidade educativa
do CEIP Sofía Casanova un bo curso 2019-2020.

Adiante con el!

martes, 2 de xullo de 2019

PUNTO E COMA 2018-2019

Xa temos con nós a revista PUNTO E COMA... a vosa revista!

Esta revista escolar anual do CEIP Sofía Casanova recolle artigos de aspectos significativos do curso escolar, así coma os traballos gañadores do Certame Literario organizado polo EDLG para o fomento do galego.

Agardamos gocedes coa súa lectura e... FELIZ VERÁN!


xoves, 20 de xuño de 2019

UN COLE DE PELÍCULASSSSSS

Foron moitas creacións as que xurdiron deste COLE DE PELÍCULA e o EDLG síntese orgulloso de que o galego fora a lingua maioritaria desas creacións. Aquí tedes unha mostra:


Queremos facer unha mención especial ao traballo realizado ao longo de todo o curso ao nivel de segundo de primaria, polas súas achegas en forma de teatro

E como todo esforzo ten o súa recompensa, chegaron os BUFOPREMIOS!
http://bufolector.blogspot.com/2019/06/entrega-bufopremios.html


MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS, 
GRANDES E PEQUENAS,
QUE PARTICIPARON PARA FACER POSIBLE ESTE GRANDE PROXECTO
QUE ABRANGUEU A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

venres, 17 de maio de 2019

AS NOSAS LETRAS

Dende o EDLG do CEIP Sofía Casanova, un ano máis, puxemos en marcha o Certame Literario. 

Dende a etapa de Infantil ata segundo nivel de Educación Primaria o alumnado participa cun debuxo alusivo á cultura galega. A partires de terceiro ata sexto de Educación Primaria, poden participar en tres categorías: narrativa, poesía ou tira cómica.

Este curso 2018-2019, o agasallo recibido polos gañadores e gañadoras consiste nunha camiseta deseñada polo propio equipo que fai referencia ao proxecto que estamos a desenvolver: "UN COLE DE PELÍCULA". Tomouse como referencia unha ilustración realizada por Castelao para unha publicación editada pola nosa Sofía Casanova, "Princesa del Amor Hermoso". O seguinte paso foi encher a silueta con carátulas de películas de orixe galega.
E que mellor xeito hai de celebrar o Día da LETRAS GALEGAS? Pois entregándolle aos gañadores e gañadoras do Certame Literario o seu agasallo!

O xoves 16 de maio de 2019 comezamos a xornada recibindo á comunidade educativa cunha peza musical tocada á gaita por Daniel Bello, alumno de terceiro de primaria.


No recreo Dani tamén tocou varias pezas. 


Máis tarde, xuntámonos todos para celebrar ese momento tan agardado: A entrega de premios!

Se premedes aquí podedes ver o vídeo.

María e Aitor, de 3 anos; Lucía e Natalia, de 4 anos; Bruno e Mara, de 5 anos.

Sofía e Icía, de primeiro; Xare (ausente) Mateo e Carlota, de segundo.

De terceiro de primaria, Daniel, Héctor, Lorena e Nicolás. 

 De cuarto, Amanda, Carolina, Laura, Xoán e Hugo.

De quinto, Luna, Inés, Stella, Irene, Carola, María, Lucas e Erica (representando "Os nosos poemas" de 5º C).

Daniela e Noa, de sexto.

NORABOA AOS PREMIADOS 
E MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

Lembrade seguir pensando en galego para non esquecer a nosa cultura.

Ata o ano que vén!