martes, 28 de xaneiro de 2025

TEMOS MOITO CONTO! DE XANEIRO

 XANEIRO


Nerea, Martín e Lucía contaron e cantaron "Garavanciño" aos nenos e nenas de 4 anos.



Laia, Miriam e Valentina contaron "O cociñeiro Martiño" na aula de 4 anos.

Aria e Miguel, de quinto, contaron "Once damas atrevidas". Encantoulles o conto aos nenos e nenas de 3 anos!




Lucía, Martín e Nerea, de sexto de primaria, contaron "Garavanciño" na aula de 3 anos. Fixéronno xenial!



Laia, Valentina e Miriam de 5° B contaron, na aula de 5 anos, "O cociñeiro Martiño" coas súas propias marionetas. Bravo rapazas!

venres, 17 de xaneiro de 2025

CANTIGAS DO MEU COLEXIO

"Cantigas do meu colexio" é o nome da publicación realizada polo Seminario Galán que mostra unha pequena escolma das cantigas recollidas en varios colexios, tamén no noso. Convidámosvos a que lle botedes unha ollada. 

Grazas pola participación!

Preme na imaxe!



mércores, 15 de xaneiro de 2025

TEMOS MOITO CONTO DE DECEMBRO

María e Celia de 4ºB e Laia de 4ºA estiveron na aula de 4 anos e contaron "A que sabe a lúa?"
Estaba moi traballado e fixérono moi ben!




O AMENCER DA HUMANIDADE

Xa chegou ao noso colexio a exposición: 

"O AMENCER DA HUMANIDADE"

Pásate polo corredor da planta baixa e quedarás abraiado!





domingo, 12 de xaneiro de 2025

GALISÓNS...XANEIRO!

Comezamos o ano cunha nova canción para adiviñar!

Apunta o nome da canción cos teus datos e méteo no buzón!

Adiante!