mércores, 25 de xuño de 2025

PUNTO E COMA

Velaquí a nosa revista escolar "PUNTO E COMA". Hai mellor maneira de despedir o curso? Esperamos que gocedes coa súa lectura.


BO VERÁN!

luns, 16 de xuño de 2025

CANTAREIROS DO SOFÍA

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

E chegan novidades dende a aula de 5º de Ed. Infantil! Parece que viaxaron moito!


Mirade que divertido!


Os nenos e nenas de 5º EI aprenderon e traballaron moito cunha canción moi divertida de Uxía Lambona e a banda molona. Queredes ver o ben que o pasaron?

Premede na imaxe!


 PAKOLAS

No 6º nivel de educación infantil, traballaron ao longo deste curso a figura de Paco Cerdeira, máis coñecido no mundo do rock infantil e familiar como PAKOLAS. Ademais de adentrarse na súa discografía, o libro “Ecoralia, a lambona ecolóxica” acompañoulles para o seu traballo dentro da horta escolar.

Logo dunha magnífica actuación musical pola semana das Letras Galegas, Pakolas, acompañado pola baixista Laura Romero e o batería Ro Muñoz, premiou cun diploma tanto á aula coma ao alumno seleccionado para incluir o seu debuxo na calendario.

Un par de semanas despois, Pakolas achegouse ao CEIP Plurilingüe Sofía Casanova para conceder unha entrevista ao alumnado do 6º nivel de Educación Infantil. O artista fixo un breve percorrido pola súa infancia mexicana ata chegar á súa verdadeira paixón, agasallo dos seus avós: a guitarra eléctrica. Tomou clases con Alberto Cereijo, guitarrista do grupo Los Suaves e, a partires dese momento, pouco a pouco converteuse nunha personaxe fundamental do panorama musical galego como músico, compositor e produtor. Tamén cantou a capella algunha das súas creacións e mesmo doutros grupos galegos animando ás espectadoras a participar e deixou coa boca aberta á cativada coa súa capacidade de crear sons con percusión vocal. Xuntos visitaron o invernadoiro escolar, momento no que Pakolas agasalloulles cun exemplar do libro Ecoralia, a lambona ecolóxica.

 

   XABIER DÍAZ

Estamos entusiasmados e entusiasmadas pola resposta de Xabier Díaz ao traballo dos nosos nenos e nenas. Mil grazas!

 Preme na imaxe para ver o video.

Queredes ver o traballo dos nenos e nenas de 2ºB sobre Xabier Díaz? Premede na imaxe!

martes, 20 de maio de 2025

PREMIOS CERTAME LITERARIO E GALISÓNS!

Agora chegan os premios

do Certame Literario;

están feitos con cariño

que vos guste o agasallo! 

Así dicía a Regueifa que anunciaba aos premiados do Certame Literario 2025! Noraboa a todos e todas!



Este curso os Galisóns

encheron os nosos patios

temos 3 nenos e nenas

que levan un agasallo.



venres, 16 de maio de 2025

REGUEIFANDO POLO SOFÍA!

 Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria abraiáronos coas súas regueifas polo día das Letras Galegas. Noraboa!



O MAIO

 Para facer este maio tivemos que ir a buscar... 

Pero mirade que bonitiño nos quedou! Todos e todas participamos neste maio; aportamos herbas e flores, colocámolas e tamén bailamos arredor del. Grazas as familias pola gran participación!















luns, 12 de maio de 2025

PAKOLAS! EN CONCERTO

 Este luns, 12 de maio, tivemos a Pakolas en concerto no noso cole. Desfrutamos do seu espectáculo "A Ramona Pequena vai á Lúa" onde puidemos cantar, bailar e saltar ao son do rock and roll! 





luns, 5 de maio de 2025

TEMOS MOITO CONTO! ABRIL

 


Ana Sophia, Vera e Natalia contaron "Tres osos" na aula de 4 anos de Educación Infantil.

martes, 29 de abril de 2025

REGUEIFANDO!

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou activamente no obradoiro impartido por LUPE BLANCO sobre a arte de improvisación oral. Todos os grupos crearon unhas fermosas REGUEIFAS. Estamos desexando escoitalas!

venres, 11 de abril de 2025

LEMBRA CACHOLIÑA!

Recuperamos unha divertida actividade na que o alumnado nos fai pensar en vocabulario relacionado con Galicia.
 
Gústanvos os vermes? Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil ensínannos a coidalos. 

 
Preparádevos para camiñar da man dos compañeiros e compañeiras de 4ºB que nos recordan as palabras VIEIRA e CABAZA! 
 
 
 Por aquí veñen os nenos e nenas de 4º de Infantil con este animaliño que tanto nos gusta... O POLBO!

Aquí tedes aos nenos e nenas do 6º nivel de Educación Infantil co SOUTO e a CARBALLEIRA.



mércores, 9 de abril de 2025

GALISÓN ABRIL!

 Chega o novo Galisón! Escóitao e participa! Escribe o nome da canción e os teus datos nun anaco de papel e bótao na pandeireta da entrada do cole. Preme na imaxe para escoitalo.



martes, 25 de marzo de 2025

TEMOS MOITO CONTO! MARZO

Co conto de "O año que é un porquiño", contado por Mateo e Álex, aprendemos a respectar as diferenzas e personalidades.



Aday e Nerea contaron "O Rabaño" na aula de 4 anos de Infantil!

 Gabriela e Ariadna contaron "Eu non fun" na aula de 5º de Ed. Infantil. Pasámolo xenial!

martes, 11 de marzo de 2025

REVISTA ENTROIDO 2025

 Velaquí chega a REVISTA DE ENTROIDO 2025. Esperamos que vos guste e disfrutedes con ela!


 

luns, 10 de marzo de 2025

GALISÓN MARZO

 Xa o estabades agardando? Si? Aquí está. O Galisón de marzo! 


 

luns, 24 de febreiro de 2025

ROSALÍA DE CASTRO 2025

 Algo aconteceu esta semana no noso colexio... 

Se queres saber máis sobre o caso "Rosalía de Castro", non dubides en ver este pequeno fragmento de como traballaron os pequenos e as pequenas detectives.



venres, 7 de febreiro de 2025

GALISÓN FEBREIRO!

 Preparados e preparadas para un novo Galisón? Xa sabedes o que hai que facer. Premede na imaxe e... a cantar!!!





xoves, 6 de febreiro de 2025

TEMOS MOITO CONTO! DE FEBREIRO

 FEBREIRO


Iker e Israel aprendéronlles ao alumnado de 6° infantil a facer rimas con "Inventando números"



Hugo Pier e Hugo Rodríguez estiveron na aula de 4° de infantil contando "Piñeiro".


Lucas, Noel, Sorel, Anxo e Izan contaron "Os tres porquiños" na aula de 3 anos. Quedaron encantados e encantadas!


SOREL, ANXO, IZAN, NOEL e LUCAS dramatizaron estupendamente Os tres porquiños na aula de 5 anos.


 Sara e Mara contaron o conto de Violeta na aula de 3 anos.