venres, 23 de febreiro de 2018

TEMOS MOITO CONTO! Finais febreiro-principios marzo

Neste mes de entroido algúns nenos e nenas animáronse a contar os seus contos preferidos.

Lucía e Nerea, de 5º de primaria, foron a 5 anos para contar Besos, besos.

Tamén de 5º foron Diego, Lucas e Xacobe de Viaxe pola selva a 3 anos.


 De 3º de primaria foron a 4 anos, por unha  banda, Amanda, Brais e Héctor.

 E, por outra banda, Carlota, Carlos e Iago a contar Chucho Cacho.


 Irene e Aloida, de 5º, contaron, en 2º de primaria, Na busca dun fogar.

Anxo e Diego, de 5º de primaria, foron a 2º a contar Rajá.

Marcos e Nicki, de 5º, foron a 1º de primaria, a contar Emma Enfadosauria.


Dende 5º viñeron Lucía, Carla y Antía para contarlles á rapazada de 5 anos Quen lle ten medo ao lobo?

Noa, Andrea, Natalia e Daniel, tamén de 5º de primaria, dramatizaron O galo traganoces en 4 anos.
 
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS. SODES XENIAIS! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario