16 de maio de 2018.
Gran celebración das
LETRAS GALEGAS 2018!!
Comezamos a xornada recibindo ao persoal do centro con moita alegría. Marga, Sergio e Pablo fixéronnos vibrar coa muiñeira de Chantada.
Logo do recreo fomos ao pavillón para entregar os premios do Certame Literario 2018. Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria participaban cun debuxo. Mentras que dende terceiro ata sexto participaban nas categorías de narrativa, poesía e tira cómica.
Comezamos o acto coa muiñeira de Chantada, nesta ocasión acompañan a Sergio (guitarra) e Pablo (gaita), Germán (bombo), Xerardo (tambor) e Lidia (pandeireta).
O acto foi presentado por José Daniel, Inés, Zaida e Laura, de sexto, que foron nomeando ás gañadoras e aos gañadores do Certame Literario por niveis. A cada un entregóuselles unha camiseta cun deseño alusivo ao traballo desenvolvido dentro do proxecto "Percorremos Culleredo" do EDLG, coa colaboración dos equipos de Biblioteca e de Actividades Complementarias.
A entrega de premios foi intercalada con música tradicional da nosa terra. Así, Daniel Bello interpretou magníficamente á gaita a muiñeira Carballesa.
Máis tarde unha chea de pandereteiros e pandereteiras animáronse a cantar e tocar unha versión de "O Galo" adaptada ao noso cole. Aquí tedes a letra por se vos apetece cantala:
O galo cando canta é día,
é día, é día.
O galo cando canta é día,
imos de parranda,
imos todo o día.
E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira,
e como somos da ribeira
imos de parranda a semana enteira.
E como somos tan galegos,
galegos, galegos,
e como somos tan galegos
imos de parranda polo mundo enteiro.
E como somos do Sofía,
Sofía, Sofía,
e como somos do Sofía
imos de parranda como moita alegría.
Logo, baixo a dirección de Marga, a profe de Educación Musical, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tocaron con frautas e percusión sendas pezas da nosa tradición popular. Espectaculares!!
Amoriños collín pola Lingua ao cantar.
Amoriños collín pola Lingua ao bailar.
Ao cantar, ao bailar e tamén ao xogar
Amoriños collín, seica poden durar.
O mar da língua
O que teño que facer
para a língua conservar
é falar ata fartar
en GALEGO moito máis.
Vivan
as Letras Galegas,
Viva toda a nosa terra.
Rosalía,
Castelao,
María Victoria Moreno
trovadores medievais e
Manuel María.
Vivan as Letras Galegas
Viva toda
a nosa terra.
Viva Culleredo, Oleiros,
Viva Cambre e A
Coruña,
Viva Malpica e Fisterra
Finalmente, como calquera acto desta importancia que se precie, rematamos a xornada entonando todos xuntos o noso Himno.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
queremos agradecer a todos os participantes deste acto a súa colaboración.
Moitísimas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario