O Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexa que esteades todas as persoas que forman esta comunidade con saúde.
E, para que non decaia o ánimo, imos honrar ás nosas LETRAS GALEGAS e convocámosvos a unha nova edición do... CERTAME LITERARIO!! Como? Pois facéndoo como mellor se nos dá: escribindo na nosa lingua.
Prestade especial atención ás bases que a continuación vos explicamos e AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!!
BASES PARA O CERTAME DE "TEXTOS CON ARTE".
1. A actividade consiste en realizar un texto EN GALEGO inspirado nalgún cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.
2. O alumnado de Infantil e 1º de Primaria fará
un debuxo inspirado no cadro que elixa e escribirá unha palabra en galego.
Este alumnado pode facer un vídeo contando por que elixiu ese cadro e esa palabra.
2. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria elaborará EN LINGUA GALEGA
un conto ou un poema (máximo 150 palabras) ou un cómic (máximo 3 viñetas)
inspirado nun cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.
Despois de escribilo pódese facer un vídeo contando a historia, recitando a poesía ou dramatizando o cómic.
3. Os textos pódense facer a bolígrafo ou a ordenador. Todos os debuxos deberán estar coloreados e perfilados con rotulador negro.
4. Os textos mandaranse escaneados, adxuntos ou fotografados ao enderezo electrónico
DINAMIZACIONLINGUAGALEGA@CEIPSOFIACASANOVA.COM
5. Os vídeos pódense mandar ao enderezo BUFOLECTOR@GMAIL.COM
6. Todos os traballos enviaranse con nome, apelidos e curso.
7. O prazo para enviar textos e vídeos remata o venres 15 de maio
FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario