mércores, 24 de maio de 2023
TEMOS MOITO CONTO! de MAIO
mércores, 17 de maio de 2023
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023
Dende o EDLG organizamos a semana do 15 ao 19 para dedicarlla ás nosas Letras, as LETRAS GALEGAS 2023.
O luns 15 de maio, os grupos do nivel de 6º de educación primaria expuxeron o seu mural adicado a Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia.
1º e 2º de primaria
sábado, 6 de maio de 2023
Festexamos os MAIOS!
Gañador ABRACADIVIÑA de ABRIL
A resposta á última Abracadiviña do curso, a do mes de ABRIL, é:
O LIBRO.
O seleccionado de entre todas as persoas participantes foi DANIEL, da aula de 4 anos.
martes, 2 de maio de 2023
MAIO: MES DE FLORES E DAS NOSAS LETRAS
Dende a Real Academia Galega envíannos esta comunicación que merece ser compartida polo interese que suscita.
A nova edición da páxina web de Primavera das Letras, o proxecto da Real Academia Galega para o público infantil, ofrece xa unha serie de recursos lúdicos e didácticos para achegar a rapazada de infantil e primaria á figura e a obra de Francisco Fernández del Riego, o autor ao que este ano a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2023.
A escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo son as autoras da obra teatral As cousas de don Paco, un texto para ler, e para representar dentro e fóra das aulas, que recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir.
A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas que irán medrando ao longo da primavera e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.
Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.