mércores, 24 de maio de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de MAIO

Daniela leu "Negros e Brancos" na aula de 3 anos.
Rihanna, Adriana, Carla e Julia, de 5º, contaron "A Galiña Roxa" na aula de 4 anos.
Alan e contaron "Orellas de Bolboreta" na aula de 3 anos.
Eva, Alba e Nasiha representaron "O galo Quirico" na aula de 4 anos.
Daniela e Lucía contaron "Os Bolechas aprenden a facer debuxos animados" na aula de 3 anos.
Alexia leu "A casa da mosca Chosca" na aula de 5 anos.
Lucía e Gansiri, de 4º, leron "A bruxa regañadentes" na aula de 5 anos.
Anxo, Omar, Mateo e Pablo, de 5º A, foron contar unha adaptación de "Os tres porquiños" á aula de 3 anos. Preme na imaxe para ver o ben que o fixeron!!
Alexia, de 4º A, contou "Paco" aos nenos e nenas da aula de 4 anos.
Mario, Uxía e Cayetana contaron en 3 anos "Os de Arriba e os de Abaixo".

mércores, 17 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Dende o EDLG organizamos a semana do 15 ao 19 para dedicarlla ás nosas Letras, as LETRAS GALEGAS 2023.

O luns 15 de maio, os grupos do nivel de 6º de educación primaria expuxeron o seu mural adicado a Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia.


O martes 16 de maio, os gañadores e gañadoras recibiron os agasallos do Certame Literario 2023 e contamos coas exclusivas actuacións da Asociación Folclórica Ancoradoira e dun grupo de nenos e nenas escolarizados no Conservatorio de Música de Culleredo.

Premendo nesta imaxe podedes acceder aos vídeos das marabillosas actuacións da Asociación Folclórica ANCORADOIRA.

Premendo na imaxe podedes acceder aos vídeos das grandes actuacións de Darío, Gabriela, Sabela e 
Icía, guiados por Josefa Teresa, profesora do Conservatorio e nai de Gabriela. 

Aquí tedes as fotos do alumnado gañador do CERTAME LITERARIO 2023 dos distintos niveis nas categorías de narrativa, tira cómica, poesía e debuxo. O agasallo consistiu nunha bolsa impresa coas imaxes do proxecto "Galicientífic@s", elaboradas polos distintos niveis do cole.
6º de primaria
5º de primaria
4º de primaria
3º de primaria
1º e 2º de primaria
4º, 5º e 6º de infantil

Para rematar a semana, o venres 19 de maio, levouse a cabo unha exposición de traxes tradicionais galegos, donados pola Asociación Folclórica Ancoradoira e Son d'aquí Asociación Cultural e persoal do centro. Preme na seguinte imaxe para acceder ao vídeo.

sábado, 6 de maio de 2023

Festexamos os MAIOS!

  Na mañá do venres 12 de maio festexamos os MAIOS.
Entre todos os nenos e nenas formaron a construción cos ramos de flores e herbas que trouxeron eles mesmos o día anterior.
Ademais, o alumnado de sexto grabou unha canción adaptada propia desta celebración.
Na festa os nenos e nenas seleccionados de cada aula bailaron e cantaron ao redor do Maio.
Premede na imaxe para gozar connosco da lembranza deste día.


GRAZAS A TODAS AS PERSOAS IMPLICADAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

Gañador ABRACADIVIÑA de ABRIL

 A resposta á última Abracadiviña do curso, a do mes de ABRIL, é: 

O LIBRO.

O seleccionado de entre todas as persoas participantes foi DANIEL, da aula de 4 anos.



Moitas grazas a todos e todas por participar 😍
ao longo destes meses de ciencia!

martes, 2 de maio de 2023

MAIO: MES DE FLORES E DAS NOSAS LETRAS

Dende a Real Academia Galega envíannos esta comunicación que merece ser compartida polo interese que suscita.

 A nova edición da páxina web de Primavera das Letras, o proxecto da Real Academia Galega para o público infantil, ofrece xa unha serie de recursos lúdicos e didácticos para achegar a rapazada de infantil e primaria á figura e a obra de Francisco Fernández del Riego, o autor ao que este ano a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2023.

A escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo son as autoras da obra teatral As cousas de don Paco, un texto para ler, e para representar dentro e fóra das aulas, que recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir.

A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas que irán medrando ao longo da primavera e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.