xoves, 19 de maio de 2022

XOGOS DE SEMPRE

Tendo en conta o proxecto da biblioteca de centro Cara unha vida Bufosaudable, o EDLG desenvolveu outro que relacionara a actividade física coa tradición oral galega. 

Deste xeito, xurdiu XOGOS DE SEMPRE, polo que cada nivel tiña que aprender un xogo de botar a sortes e outro da cultura tradicional galega.

A continuación podedes o ben que o pasaron os nenos e nenas dos distintos niveis, xunto cos titores e titoras, mestres de educación física e a mestra de música. GRAZAS A TODOS E TODAS!!

3 anos presenta un xogo de DANZAR

4 anos presenta BOTÓN, BOTÓN

5 anos A presenta SERRA, SERRA

5 anos B presenta SEI AMASAR

1º A presenta PÉS QUEDOS

1º B presenta A PITA CEGA

2º A presenta AS CATRO ESQUINAS

2º B presenta A RAIOLA

3º A presenta RABO RAPOSO

3º B presenta A PESCA (OS TRES PASMÓNS)

4º A presenta PASÍ MISÍ, PASA PERICO

4º B presenta O PANO

4º C presenta AS CHAPAS

5º A presenta A CACEROLA

5º B presenta OS ZANCOS

5º C presenta CARREIRAS DE SACOS

6º A presenta REI, REI, CUCO REI

6º B presenta UNHA, DÚAS, TRES

martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Así de bonito decorou a entrada do cole o alumnado de sexto facendo homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
Se premedes na imaxe podedes saber máis datos do homenaxeado a través do artigo que elaborou este mesmo alumnado.

 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Por outra banda, en quinto fixeron uns marcapáxinas ben xeitosos.