mércores, 23 de decembro de 2020

CONCURSO POSTAIS 2020

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2021, RAPAZADA!!


Como xa é costume no cole Sofía Casanova, rematamos o primeiro trimestre co concurso de postais, polo que a seleccionada de entre todos os nenos e nenas participantes será utilizada como imaxe do calendario anual.

Premendo no seguinte enlace poderedes ver a

PRESENTACIÓN das POSTAIS SELECCIONADAS

coa música de Mamá Cabra.

Agradecemos a cada neno e nena a vosa participación nesta actividade e felicitamos a AROA GARCÍA GARCÍA, de 4 anos B, por ser a seleccionada.

Ata o ano que vén! 

venres, 27 de novembro de 2020

TOMA CASTAÑA! Actualizado

Bo día, nenas e nenos!

Como a celebración do magosto deste ano é imposible polo tema COVID 😷, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ocorréusenos investigar sobre o mundo da CASTAÑA en Galicia.

Botádelle un ollo "A miña historia en doce viñetas" do CEIP de Ventín, para saber máis de onde ven a castaña.


Deixámosvos unha pequena recopilación de CANTIGAS, REFRÁNS e VOCABULARIO relacionados coa CASTAÑA e o magosto.


Mirade en 5 anos B, da profe Andrea, que chuladas.

En 1ºB, da profe Pilar, propóñennos outra adiviña.

Toda a recopilación dos traballiños sobre 
a castaña e o magosto, aquí.

Grazas a todos e todas pola vosa aportación! 😉

venres, 20 de novembro de 2020

#DígochoEu!


Ola, rapazada!
Pasouvos algunha vez que ao falar galego empregades palabras que son propias do castelán?

Cando escribides dubidades na ortografía porque xa hai outra máis actualizada?

Pois na canle do YOUTUBE #DígochoEu da grande e simpática ESTHER ESTÉVEZ, resólvenvos estas dúbidas e moitas máis.

martes, 17 de novembro de 2020

TEMOS MOITO CONTO! con A ESTRAÑA VISITA

 Nesta sesión de TEMOS MOITO CONTO! CARLA e MARTA de sexto contaron por videoconferencia A estraña visita á rapazada de primeiro.




Moitas grazas, rapazas! 😉

xoves, 12 de novembro de 2020

TEMOS MOITO CONTO! con A BRUXA REGAÑADENTES

Nesta sesión de TEMOS MOITO CONTO! ÁLVARO e IKER de sexto contaron por videoconferencia A Bruxa Regañadentes 
aos nenas e nenos de segundo.



 Moitas grazas, rapaces!😉

sábado, 31 de outubro de 2020

Lembrando a RICARDO CARVALHO CALERO, Letras Galegas 2020

Este ano, o día das Letras Galegas 2020 coincidíu co confinamento e, aínda que se realizaron diversas tarefas académicas telemáticamente, dende o CEIP Sofía Casanova queremos sumarnos a lembrar o 31 de outubro ao seu homenaxeado, o grande filólogo e escritor RICARDO CARVALHO CALERO.
Caricaturas en 4º A
Caricaturas en 4º B

Caricaturas en 6º

venres, 30 de outubro de 2020

TEMOS MOITO CONTO! con CARABUÑAS

 Os nenos e nenas de 2º A tráennos este terrorífico e divertido conto nesta semana do Samaín.
Preme na imaxe para ver aos compañeiros contar o conto.

mércores, 14 de outubro de 2020

O OUTONO XA CHEGOU

Ola, rapazada!

Coa chegada do OUTONO podedes ollar moitos cambios na paisaxe e sentir novas sensacións. 


Pero, ademáis, podedes descubrir unha chea de novos froitos. Ollo!! Uns comestibles 😋 e outros non 💀, eh?

Os nenos e nenas de infantil achégannos estes froitos que puideron analizar eles mesmos en primeira persoa.


Noutras aulas, ademáis, fixeron xogos e traballos con distintas técnicas plásticas e elementos da natureza.
Parellas de froitos do outono e caracois de castañas en 4 anos A, de María.
Na clase de Clara, de 5 anos A, crearon divertidos animais.







En 3 anos, María e os seus nenos e nenas adornaron a aula e fixeron unha chea de caracois.



En 4 anos B fixeron un batallón de ourizos con piñas e plastilina.

venres, 2 de outubro de 2020

NOVO XOGO NA INTERNET

Dende o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 invítannos ao primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. 

Podedes acceder a el a través do seguinte enlace: Turisteando cos Miúdos

luns, 28 de setembro de 2020

MAMBO COVID-PICTOGRAMAS

Ola, rapazada!

Recibimos este novo curso 2020-2021 coidándonos moito para poder combater ao coronavirus. 

Compartimos con vós esta canción en galego, versión con pictogramas elaborada polo EDLG do CEIP Plurilingue Anxo da Garda, da Coruña, e o CEIP Plurilingüe O Mosteirón, de Sada.



domingo, 17 de maio de 2020

PARTICIPANTES CERTAME LITERARIO 2020

Nesta data tan sinalada, como é o 
Día das LETRAS GALEGAS
queremos agradecer o esforzo do alumnado participante
e, máis que nunca, 
ás súas familias por facer posible a súa participación no Certame Literario 2020. 
Lembrade premer en pantalla completa para velo mellor

MOITAS GRAZAS E FELICES LETRAS GALEGAS!

domingo, 10 de maio de 2020

EDICIÓN ESPECIAL PREGUNTÓN LETRAS GALEGAS 2020

Ola, rapaces e rapazas! 

Apetécevos xogar? Traémosvos unha edición especial do PREGUNTÓN DAS LETRAS GALEGAS. So tedes que clicar na vosa clase, escribir o voso nome e demostrar o moito que sabedes dos contos e das nosas Letras... A XOGAR! 



1º A     1º B

2º A      2º B

3º A      3º B     3º C

4º A       4º B

5º A       5º B

6º A       6º B      6º C

Hai un para cada clase, polo que @s neno@s poden xogar 4 ou 5 veces.
Hai 4 modelos (Infantil, 1° e 2° EP, 3° e 4° EP e 5° e 6° EP).
Estàn abertos atè o vindeiro luns às 12 h.

venres, 8 de maio de 2020

CERTAME LITERARIO "TEXTOS CON ARTE"

Ola, nenos e nenas! Benvida toda a familia do Sofía Casanova a unha nova entrada do blog.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexa que esteades todas as persoas que forman esta comunidade con saúde.

E, para que non decaia o ánimo, imos honrar ás nosas LETRAS GALEGAS e convocámosvos a unha nova edición do... CERTAME LITERARIO!! Como? Pois facéndoo como mellor se nos dá: escribindo na nosa lingua.


Prestade especial atención ás bases que a continuación vos explicamos e AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!!


BASES PARA O CERTAME DE "TEXTOS CON ARTE".

1. A actividade consiste en realizar un texto EN GALEGO inspirado nalgún cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.

2. O alumnado de Infantil e 1º de Primaria fará 
un debuxo inspirado no cadro que elixa e escribirá unha palabra en galego. 
Este alumnado pode facer un vídeo contando por que elixiu ese cadro e esa palabra.

2. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria elaborará EN LINGUA GALEGA
un conto ou un poema (máximo 150 palabras) ou un cómic (máximo 3 viñetas) 
inspirado nun cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX. 
Despois de escribilo pódese facer un vídeo contando a historia, recitando a poesía ou dramatizando o cómic.

3. Os textos pódense facer a bolígrafo ou a ordenador. Todos os debuxos deberán estar coloreados e perfilados con rotulador negro.

4. Os textos mandaranse escaneados, adxuntos ou fotografados ao enderezo electrónico
DINAMIZACIONLINGUAGALEGA@CEIPSOFIACASANOVA.COM

5. Os vídeos pódense mandar ao enderezo BUFOLECTOR@GMAIL.COM

6. Todos os traballos enviaranse con nome, apelidos e curso.

7. O prazo para enviar textos e vídeos remata o venres 15 de maio


FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!



domingo, 1 de marzo de 2020

REVISTA DO ENTROIDO 2020

Logo deste entroido tan colorido do século XX e do entroido pequeno, coa lectura do testamento e queima do MECO chega... a REVISTA DO ENTROIDO 2020!