xoves, 17 de maio de 2018

Especial LETRAS GALEGAS 2018


16 de maio de 2018. 
Gran celebración das 
LETRAS GALEGAS 2018!!


Comezamos a xornada recibindo ao persoal do centro con moita alegría. Marga, Sergio e Pablo fixéronnos vibrar coa muiñeira de Chantada.


Logo do recreo fomos ao pavillón para entregar os premios do Certame Literario 2018. Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria participaban cun debuxo. Mentras que dende terceiro ata sexto participaban nas categorías de narrativa, poesía e tira cómica. 


Comezamos o acto coa muiñeira de Chantada, nesta ocasión acompañan a Sergio (guitarra) e Pablo (gaita), Germán (bombo), Xerardo (tambor) e Lidia (pandeireta).


O acto foi presentado por José Daniel, Inés, Zaida e Laura, de sexto, que foron nomeando ás gañadoras e aos gañadores do Certame Literario por niveis. A cada un entregóuselles unha camiseta cun deseño alusivo ao traballo desenvolvido dentro do proxecto "Percorremos Culleredo" do EDLG, coa colaboración dos equipos de Biblioteca e de Actividades Complementarias.






A entrega de premios foi intercalada con música tradicional da nosa terra. Así, Daniel Bello interpretou magníficamente á gaita a muiñeira Carballesa.


Máis tarde unha chea de pandereteiros e pandereteiras animáronse a cantar e tocar unha versión de "O Galo" adaptada ao noso cole. Aquí tedes a letra por se vos apetece cantala:
O galo cando canta é día,
é día, é día.
O galo cando canta é día,
imos de parranda,
imos todo o día.
E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira,
e como somos da ribeira
imos de parranda a semana enteira.
E como somos tan galegos,
galegos, galegos,
e como somos tan galegos
imos de parranda polo mundo enteiro.
E como somos do Sofía,
Sofía, Sofía,
e como somos do Sofía
imos de parranda como moita alegría.


Logo, baixo a dirección de Marga, a profe de Educación Musical, os rapaces e rapazas de , e de Educación Primaria, tocaron con frautas e percusión sendas pezas da nosa tradición popular. Espectaculares!!



Amoriños collín pola Lingua ao cantar.
Amoriños collín pola Lingua ao bailar.
Ao cantar, ao bailar e tamén ao xogar
Amoriños collín, seica poden durar.


O mar da língua
O que teño que facer
para a língua conservar
é falar ata fartar
en GALEGO moito máis.



Vivan as Letras Galegas,
Viva toda a nosa terra.



Rosalía, Castelao,
María Victoria Moreno
trovadores medievais e Manuel María.

Vivan as Letras Galegas
Viva toda a nosa terra.

Viva Culleredo, Oleiros,
Viva Cambre e A Coruña,
Viva Malpica e Fisterra


Finalmente, como calquera acto desta importancia que se precie, rematamos a xornada entonando todos xuntos o noso Himno.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 
queremos agradecer a todos os participantes deste acto a súa colaboración. 
Moitísimas grazas!!!




mércores, 9 de maio de 2018

xoves, 3 de maio de 2018

Comeza a conta atrás para celebrar o Día das Nosas Letras!!!

Lembrade que dende a internet podedes investigar sobre a autora homenaxeada deste ano:

MARÍA VICTORIA MORENO

Podedes botarlle unha ollada ao seguinte enlace para coñecer un pouco máis o amor desta escritora por Galicia, no que se defende que "AS LINGUAS SON DE QUEN AS HABITA".