domingo, 13 de xuño de 2021

Revista PUNTO E COMA 2020-2021

 🙋 EXTRA! EXTRA! EXTRA!

Xa temos con nós a publicación da revista escolar anual 
PUNTO E COMA deste curso 2020-2021!

Aquí podedes ver un resumo do moito que traballamos no cole durante estes meses, sen esquecer as distintas conmemoracións e os gañadores e gañadoras do Certame Literario.

 
Preme na imaxe para ver a revista. 
Lembra poñer en modo pantalla completa para unha mellor visualización dos artigos.

Este equipo agradece a todos os membros da Comunidade Educativa -familias, alumnado, profesorado, conserxes, coidadora…- a súa colaboración, tanto na elaboración desta revista como en outras actividades propostas por este equipo ao longo do curso.

🌞 FELIZ VERÁN E COIDÁDEVOS MOITO! 😷

domingo, 6 de xuño de 2021

Aniversario PUNTO E COMA

 ESTAMOS DE ANIVESARIO!

No ano 1981 comezaba a andadura do noso centro, nacía como Colexio Nacional de Vilaboa. Co paso do tempo recibiu o nome de CEIP Sofía Casanova. Cumprimos polo tanto os primeiros 40 anos da nosa andadura.

Por aquí levan pasando varias xeracións de rapaces e rapazas, mestres e mestras, persoal non docente e familias; a todos a nosa lembranza e agradecemento.

O actual Sofía Casanova é o resultado do traballo conxunto de todos eles. Testemuña disto é a nosa revista escolar Punto e Coma que vía a luz no curso 1981-1982.

Nacía coma unha publicación literaria da antiga Segunda Etapa de Educación Primaria. Faltáballe a cor, o seu tamaño era o dunha cuartilla, escrita cunha máquina de escribir da época (posiblemente unha Olivetti) e impresa cunha vella multicopista con moito esforzo. Un erro era moi difícil de corrixir por non dicir imposible.

Ao longo destes corenta anos medrou de tamaño e afloráronlle as cores. Hoxe acolle os traballos de todo o alumando do noso centro tendo dúas versións a impresa e a dixital.

Preme na ilustración para gozar coa súa visualización


Os nosos parabéns!!