domingo, 12 de decembro de 2021

CONCURSO POSTAIS NADAL 2021

Xa temos con nós a postal gañadora para representar o calendario do noso cole para o ano 2022: NINA HARBATKOU de 6º B. NORABOA!!

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!


martes, 30 de novembro de 2021

RECEITAS DO OUTONO


PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AO 
LIBRO DAS RECEITAS DO OUTONO OU AOS VÍDEOS.


Moitas grazas a todos e todas 

pola vosa participación!


luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

Chegou o SAMAÍN e con el o medo e o respecto ás crenzas máis arraigadas da nosa terra.

Nos niveis máis altos de primaria investigaron sobre os personaxes típicos desta celebración: Sacauntos, Lavandeiras, Meigas, Urco, Lobishome, Gatipedro, Santa Compaña.



Ademais deste magnífico traballo, ao alumnado fixémoslle un encargo moi especial: deberían coordinarse as aulas de cada nivel para decorar unha cabaza. Por certo, cabazas cultivadas no noso invernadoiro! 

E así foi... e o fixeron requetebén!!

En sexto decidiron decorar con moitas feridas e sangue.

En quinto deccoraron cun toque gracioso pero ao mesmo tempo tenebroso.

En infantil, as mestras fixeron unha demostración de como se baleira unha cabaza e se recortan as partes da cara para poñerlle unha vela para alumenar o seu interior.

 
Un toque mexicano para a cabaza de cuarto de primaria.

A aportada por terceiro era monstruosa con eses ollos... eses morcegos... eses parafusos... Pfff!

A de segundo metía medo con tanto bicho e cara de terror.

A de primeiro era tenebrosamente adorable.

Así posaron algúns cursos coas obras de arte.
 



Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. 
Feliz e tétrico Samaín!


domingo, 13 de xuño de 2021

Revista PUNTO E COMA 2020-2021

 🙋 EXTRA! EXTRA! EXTRA!

Xa temos con nós a publicación da revista escolar anual 
PUNTO E COMA deste curso 2020-2021!

Aquí podedes ver un resumo do moito que traballamos no cole durante estes meses, sen esquecer as distintas conmemoracións e os gañadores e gañadoras do Certame Literario.

 
Preme na imaxe para ver a revista. 
Lembra poñer en modo pantalla completa para unha mellor visualización dos artigos.

Este equipo agradece a todos os membros da Comunidade Educativa -familias, alumnado, profesorado, conserxes, coidadora…- a súa colaboración, tanto na elaboración desta revista como en outras actividades propostas por este equipo ao longo do curso.

🌞 FELIZ VERÁN E COIDÁDEVOS MOITO! 😷

domingo, 6 de xuño de 2021

Aniversario PUNTO E COMA

 ESTAMOS DE ANIVESARIO!

No ano 1981 comezaba a andadura do noso centro, nacía como Colexio Nacional de Vilaboa. Co paso do tempo recibiu o nome de CEIP Sofía Casanova. Cumprimos polo tanto os primeiros 40 anos da nosa andadura.

Por aquí levan pasando varias xeracións de rapaces e rapazas, mestres e mestras, persoal non docente e familias; a todos a nosa lembranza e agradecemento.

O actual Sofía Casanova é o resultado do traballo conxunto de todos eles. Testemuña disto é a nosa revista escolar Punto e Coma que vía a luz no curso 1981-1982.

Nacía coma unha publicación literaria da antiga Segunda Etapa de Educación Primaria. Faltáballe a cor, o seu tamaño era o dunha cuartilla, escrita cunha máquina de escribir da época (posiblemente unha Olivetti) e impresa cunha vella multicopista con moito esforzo. Un erro era moi difícil de corrixir por non dicir imposible.

Ao longo destes corenta anos medrou de tamaño e afloráronlle as cores. Hoxe acolle os traballos de todo o alumando do noso centro tendo dúas versións a impresa e a dixital.

Preme na ilustración para gozar coa súa visualización


Os nosos parabéns!!

venres, 28 de maio de 2021

GAÑADORES E GAÑADORAS DO CERTAME LITERARIO 2021

É un pracer para nós, presentarvos aos gañadores e gañadoras do Certame Literario 2021 nas distintas categorías de debuxo, narrativa, tira cómica e poesía.









 NORABOA A TOD@S!! 😍

xoves, 6 de maio de 2021

PERSONALIDADES GALEGAS DO SÉCULO XX

Dentro do Proxecto para o Fomento da Lingua Galega, no CEIP Sofía Casanova, estamos a desenvolver "PERSONALIDADES GALEGAS DO SÉCULO XX".

O alumnado de cada aula está achegando ao equipo verdadeiras marabillas dos galegos e galegas que destacaron pola súa aportación á cultura ao longo do século XX e deixaron a súa pegada co paso dos anos.

Na aula de primeiro A de educación primaria, o alumnado recopilou información sobre a biografía e obra de MARUJA MALLO e ata elaboraron un xogo co MBot.


Os nenos e nenas de 1º B coñeceron un pouquiño máis da vida da nosa SOFÍA CASANOVA.



En segundo de educación primaria, os nenos e nenas puxeron voz ao seu traballo final sobre MARÍA CASARES.


O alumnado de 3º B investigou sobre a vida e obra de ISAAC DÍAZ PARDO e reflectiu no seguinte vídeo o seu traballo.



Os nenos e nenas de 3º A indagaron sobre o escritor CARLOS CASARES e así o reflectiron no seguinte vídeo.



O alumnado de 3º C coñeceu a traxectoria da cantante LUZ CASAL a través dun xogo de tarxetas.



En 4º A, o alumnado traballou sobre a figura de ROSALÍA MERA GOYENECHEA, recollendo na seguinte presentación os aspectos máis destacables da súa vida. 


Os nenos e nenas de 4º B investigaron sobre o modisto ADOLFO DOMÍNGUEZ e preséntannos a seguinte montaxe.



En 4º C, optaron por indagar sobre a cantante ANA KIRO, plasmando nun mural as principais características da súa vida.


O alumnado de 5º A investigou e creou esta montaxe para darnos a coñecer a vida e obra da escritora FINA CASALDERREY.



Os nenos e nenas de 5º B decidiron indagar sobre a vida da alpinista CHUS LAGO e descubriron cousas ben curiosas.


En 6º A, o alumnado traballou sobre a figura do grande cantautor PUCHO BOEDO.


En 6º B, os nenos e nenas cóntannos os aspectos máis importantes da vida e obra do artista LUIS SEOANE.


Os nenos e nenas de 5 anos A coñeceron ao recoñecido escritor CAMILO JOSÉ CELA.



O alumnado de 5 anos B dánnos pistas a modo de adiviña para descubrir os aspectos máis importantes do escritor ÁLVARO CUNQUEIRO



Na aula de 4 anos A adentráronse na vida da BELLA OTERO e así nola contan nesta montaxe.

 

Os nenos e nenas de 4 anos B puxéronlle voz a EMILIA PARDO BAZÁN para contarnos a súa interesante vida e reconstruíron o Pazo de Meirás na seguinte montaxe.

 

O alumnado de 3 anos indagou sobre a científica ÁNGELES ALVARIÑO e así nola contan neste resumo.