luns, 11 de novembro de 2024

GALISONS!

Es bo recoñecendo cancións?

Pois... GalisÓns é o teu concurso!

Cada mes poñeremos unha canción, sen letra, só música. Se a recoñeces, escribe o nome da canción nun papel xunto co teu nome, apelidos e curso. Atoparás un buzón do EDLG no corredor da planta baixa do colexio.

Se es quen de adiviñalas todas... poderás gañar un premio! Haberá tres e... un pode ser teu! 

(Se hai máis de tres acertantes, farase sorteo entre todos os que adiviñen todOs os GalisÓns).


AFINA OÍDO!

Preme na imaxe para escoitar a canción




luns, 4 de novembro de 2024

SAMAÍN DE MEDO!

 Se queres ver o ben que o pasamos na nosa Cova do Samaín, aquí tes unha pequena mostra. Preme na imaxe e... non teñas medo!



venres, 4 de outubro de 2024

CANTAREIROS DO SOFÍA

 Xa metidos de cheo no proxecto de centro e estades Percorrendo Galicia? Nós si. O noso cole volverase moi musical nos próximos días, xa que cada aula levará o nome dalgún artista ou grupo musical galego. Comezamos elaborando as súas caricaturas

Estamos desexando velas todas!

mércores, 11 de setembro de 2024

Aquí estamos de volta!

Benvidos e benvidas de novo! Este curso parece que ven cheo de novas aventuras. Estade atentos e atentas que comezamos!

venres, 28 de xuño de 2024

 Aquí vos deixamos unha nova tirada da Revista Escolar PUNTO E COMA 2024.

Agardamos que gocedes coa súa lectura.

Feliz verán!!!


venres, 3 de maio de 2024

OS NOSOS MAIOS_2024

 O 3 de maio despedimos ao inverno e damos a benvida á primavera coa celebración do MAIO.

Nesta ocasión, compuxemos a estructura coas aportacións vexetais silvestres das familias e algunha manualidade do alumnado de infantil. Contamos coa participación musical da Agrupación Folclórica Ancoradoira e, por suposto, da actuación do noso alumnado coa danza tradicional.

Preme na ilustración para ver un resumo da celebración
Preme nas palabras destacadas para gozar das actuacións da Agrupación Folclórica ANCORADOIRA.

Grazas a todos e todas pola vosa participación.

luns, 1 de abril de 2024

PASAPALABRA OLÍMPICO

Poñemos en marcha unha actividade enmarcada dentro do Proxecto de Fomento da Lingua Galega para dar a coñecer dun xeito lúdico vocabulario relacionado cos deportes e os Xogos Olímpicos: ROSCO OLÍMPICO.

Para os máis pequenos do centro, a mestra encargada foi pasando polas aulas para realizar o xogo.


Preme na imaxe para acceder ao vídeo

Para niveis de maior idade deben entrar no seguinte enlace para xogar: 

ROSCO OLÍMPICO

sábado, 2 de marzo de 2024

LEMBRA, CACHOLIÑA!!

Presentamos unha divertida actividade na que o alumnado lémbranos moito vocabulario relacionado cos Xogos Olímpicos.

Aquí tedes aos nenos e nenas do 6º nivel de Educación Infantil co seu FACHO.


Tócalle a quenda aos pequenos e pequenas do 4º nivel de Educación Infantil coas LUVAS.

Na aula de 4º B de Educación Primaria puxéronse todos e todas de acordo para falarnos da CANASTRA.
 

O alumnado de 2°B de Educación Primaria lémbrannos as FRECHAS.

A continuación, veñen os pequenos e pequenas patriotas do 5º nivel de Educación Infantil coa súa BANDEIRA.

Na aula de 2º A de Educación Primaria o alumnado aclárannos o que é a XAVELINA.

O alumnado de 4º A felicita a toda a xente deportista con moitos PARABÉNS.

A continuación, os CAMPIÓNS e CAMPIOAS de 6° A explícannos a formación do xénero nestas palabras.

O alumnado de 6° B lémbranos o xénero das palabras rematadas en -axe coa PATINAXE ARTÍSTICA.

Logo de tanto esforzo en todas as categorías dos distintos deportes, por fin o alumnado de 6° C explícanos que é o PODIO.
A continuación, os nenos e nenas de 1º veñen co seu ARQUEIRO.

Atención ao alumnado de 5º B e á súa explicación de SEAREIRO/AFECCIONADO.

A continuación, o alumnado de 3º A dannos a coñecer o TRAVESEIRO.

sábado, 24 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024

 Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, durante esta semana o alumnado estivo traballando as achegas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Mais dende o EDLG tiñamos argallado un reto para o propio 23 de febreiro. Este consistía en repartir unha pregunta relacionada coa biografía de Rosalía en cada aula. Resolta a cuestión correctamente, recibirían unha peza dun crebacabezas, que de xeito colaborativo, deberían construir nun panel, preparado para tal fin, na sesión de lecer.  

Premede na imaxe e subide o volume para ver o ben que o fixo o noso alumnado.


O alumnado de 5° atreveuse a facer unha versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes"... escoitade o ben que lles quedou!!

Nas aulas de 5º B e Pedagoxía Terapéutica aproveitaron os LÁPICES 3D, prestados polo CFR da Coruña dentro do programa de Polos Creativos, para realizar a silueta de Rosalía de Castro sobre acetato. 

Os nenos e nenas do 4° nivel de Educación Infantil traballaron a súa figura e recitaron un poema na súa honra.

luns, 19 de febreiro de 2024

ENTROIDADAS OLÍMPICAS 2024

Presentamos a revista dixital deste Entroido 2024: ENTROIDADAS OLÍMPICAS.

Desexamos que gocedes coa súa lectura.