luns, 16 de xuño de 2025

CANTAREIROS DO SOFÍA

 PAKOLAS

No 6º nivel de educación infantil, traballaron ao longo deste curso a figura de Paco Cerdeira, máis coñecido no mundo do rock infantil e familiar como PAKOLAS. Ademais de adentrarse na súa discografía, o libro “Ecoralia, a lambona ecolóxica” acompañoulles para o seu traballo dentro da horta escolar.

Logo dunha magnífica actuación musical pola semana das Letras Galegas, Pakolas, acompañado pola baixista Laura Romero e o batería Ro Muñoz, premiou cun diploma tanto á aula coma ao alumno seleccionado para incluir o seu debuxo na calendario.

Un par de semanas despois, Pakolas achegouse ao CEIP Plurilingüe Sofía Casanova para conceder unha entrevista ao alumnado do 6º nivel de Educación Infantil. O artista fixo un breve percorrido pola súa infancia mexicana ata chegar á súa verdadeira paixón, agasallo dos seus avós: a guitarra eléctrica. Tomou clases con Alberto Cereijo, guitarrista do grupo Los Suaves e, a partires dese momento, pouco a pouco converteuse nunha personaxe fundamental do panorama musical galego como músico, compositor e produtor. Tamén cantou a capella algunha das súas creacións e mesmo doutros grupos galegos animando ás espectadoras a participar e deixou coa boca aberta á cativada coa súa capacidade de crear sons con percusión vocal. Xuntos visitaron o invernadoiro escolar, momento no que Pakolas agasalloulles cun exemplar do libro Ecoralia, a lambona ecolóxica.

 

   XABIER DÍAZ

Estamos entusiasmados e entusiasmadas pola resposta de Xabier Díaz ao traballo dos nosos nenos e nenas. Mil grazas!

 Preme na imaxe para ver o video.

Queredes ver o traballo dos nenos e nenas de 2ºB sobre Xabier Díaz? Premede na imaxe!


UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

E chegan novidades dende a aula de 5º de Ed. Infantil! Mirade que divertido!


Os nenos e nenas de 5º EI aprenderon e traballaron moito cunha canción moi divertida de Uxía Lambona e a banda molona. Queredes ver o ben que o pasaron?

Premede na imaxe!


Ningún comentario:

Publicar un comentario