PAKOLAS
No
6º nivel de educación infantil, traballaron ao longo deste curso a
figura de Paco Cerdeira, máis coñecido no mundo do rock infantil e
familiar como PAKOLAS. Ademais de adentrarse na súa discografía, o
libro “Ecoralia, a lambona ecolóxica” acompañoulles para o seu
traballo dentro da horta escolar.
Logo dunha magnífica actuación musical pola semana das Letras Galegas, Pakolas, acompañado pola baixista Laura Romero e o batería Ro Muñoz, premiou cun diploma tanto á aula coma ao alumno seleccionado para incluir o seu debuxo na calendario.
Un par de semanas despois, Pakolas achegouse ao CEIP Plurilingüe Sofía Casanova para conceder unha entrevista ao alumnado do 6º nivel de Educación Infantil. O artista fixo un breve percorrido pola súa infancia mexicana ata chegar á súa verdadeira paixón, agasallo dos seus avós: a guitarra eléctrica. Tomou clases con Alberto Cereijo, guitarrista do grupo Los Suaves e, a partires dese momento, pouco a pouco converteuse nunha personaxe fundamental do panorama musical galego como músico, compositor e produtor. Tamén cantou a capella algunha das súas creacións e mesmo doutros grupos galegos animando ás espectadoras a participar e deixou coa boca aberta á cativada coa súa capacidade de crear sons con percusión vocal. Xuntos visitaron o invernadoiro escolar, momento no que Pakolas agasalloulles cun exemplar do libro Ecoralia, a lambona ecolóxica.
XABIER DÍAZ
Estamos entusiasmados e entusiasmadas pola resposta de Xabier Díaz ao traballo dos nosos nenos e nenas. Mil grazas!
E chegan novidades dende a aula de 5º de Ed. Infantil! Mirade que divertido!
Premede na imaxe!