Xa está totalmente integrada a actividade TEMOS MOITO CONTO! nas aulas do alumnado máis vello do cole... e todos queren iren a lerlle aos máis pequenos e pequenas!
Xabier e Martín, de 4º B, demostraron en 5 anos o divertido que é ler co libro Xa voooou!
Noa e Leire, de 4º, despertaron grande interese en 1º co conto A casa de cartón
Sofía e Sara, de 6º, estiveron fantásticas diante dos pequenos e pequenas de 3 anos co conto A lúa ladroa.
Xenebra e Hugo, de 3º, secuenciaron a historia de O poliño da abeleira con debuxos diante de 5 anos. Fixérono de marabilla!
De 6º foron Zaida e Raquel a 5 anos para contarlles, con intriga e paciencia, o conto Xaime e as landras.
A 4 anos foron Carola, Manuela, Sara, Uxía e Vega, de 4º, para contarlles, dun xeito moi teatral, a historia de Sopa verde. Estiveron xeniais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario