sábado, 18 de novembro de 2017

TEMOS MOITO CONTO! 3ª semana Novembro 2017

Cantas sorpresas levan e canta imaxinación desenvolven os nosos pequenos e pequenas do Sofía grazas as nenas e nenos maiores do cole!
Nesta terceira semana de novembro houbo moito movemento e os contacontos vanse perfeccionando, incluíndo materiais de apoio e mesmo... comida!!

Ainoa e Gabriel, de 3º, contaron, de moi bo xeito, O poliño da abeleira na clase de 4 anos. Moi ben, rapaces! 



Noa, Sofía, Inés, Sara, Ángela, Adriana e Mateo, de 6º, levaron a 3 anos o conto Un peregrino en Melide da colección Os Bolechas van de viaxe... e os dóces típicos da terra: MELINDRES!! 😋 Moitas grazas!!



Andrea e Tania, de 5º, escolleron Cocorico para contarllo ao alumnado de 3 e 5 anos. Estiveron xeniais!


Alicia, Sara e Xián empregaron monicreques para contar a historia de Os tres porquiños en 3 anos. Fixéronno xenial!


Raquel e Zaida levaron a 5 anos Xaime e as landras e fixeron partícipes aos nenos e nenas da historia. Bravo!

Moitísimas grazas a todas e todos por participar!






























Ningún comentario:

Publicar un comentario