-BENVID@S AO CURSO 2018-2019-
Damos a benvida a este novo curso 2018-2019 recibindo cos brazos abertos ao OUTONO!!!
A partires do luns 22 ábrese un espazo de exposición de ARTISTADAS DO OUTONO coas achegas do alumnado e das familias en forma de artesanía.
Mirade que cousiña máis bonita fixo Sara Piñeiro García (5 anos) coa súa familia: "A familia Castaña e o outono".
E que mellor cousa hai para concienciar aos máis pequenos do que está a acontecer ao noso redor? Pois ir de "investigación"!! Pois alá marcharon os máis pequenos do cole de roteiro polo REGO DAS XESTEIRAS!!
Nesta visita puideron sentir a humidade do ambiente, recoller follas e froitos desta estación, observar animais, percibir o efecto da man do ser humano na paisaxe...
E vós? Saberíades recoñecer os elementos que atoparon estes cativos na súa saída?
Chegada ao parque de Celas de Peiro coa igrexa de Santa María ao fondo.
Posando coa Torre de Celas ou Fortaleza de Vinseira.
Xa no inicio do roteiro do Rego das Xesteiras aprézanse os cambios que produce o outono na paisaxe.
E para desprazarse polos seus camiños hai que ter moooi boa cordinación corporal e ser conscientes das propias capacidades e limitacións!!
O ser humano aproveitou a forza da natureza para o seu beneficio: creou os muíños de auga para moer o gran.
Atoparon eirugas, lesmas, arañas e caracois no camiño e puideron ver simpáticos zapateiros no río.
Recolleron unha mostra do atopado para analizar tranquilamente nas aulas.
E, por suposto, con semellante camiñata foi necesaria unha boa merenda para repoñer enerxía.
Realmente, estes nenos e nenas viviron unha magnífica xornada de convivencia en plena natureza!
(queda terminantemente prohibida a publicación do seu contido nas redes sociais)
Ningún comentario:
Publicar un comentario