mércores, 31 de outubro de 2018

MAGOSTO 2018 - Actualizado

Atención nenos e nenas, familias... todos e todas!!!
O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está a organizar a celebración do MAGOSTO para o mércores 31 de outubro. Tedes os vosos bandullos preparados?

Deixámosvos unha curiosidade sobre as variedades de castañas que podemos atopar polos soutos e as nosas fragas.

31 de outrubro de 2018: Chegou o día!! No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos deste día onde a choiva deixounos unha tregua para gozar das castañas e dos xogos populares que argallaron as profes de cada nivel.


Ademáis, como a data coincide co SAMAÍN os nenos e nenas de 1º e 2º de educación Primaria xunto coas súas profes adornaron o recibidor do cole baseándose na película COCO. Mirade que bonito lles quedou!


Por outra banda, o alumnado e profes de infantil tamén adornaron o seu edificio terroríficamente.


Aquí vos deixamos un pouco de música para acompañar esta festa terrorífica con Uxía Lambona e a Banda Molona

Deixámosvos outra curiosidade sobre a FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS do Museo da Terra de Melide.

"Os rosarios feitos con castañas cocidas, coa súa monda, resposta a unha tradición moi curiosa, hoxe por desgraza esquencida. As nais e avoas elaboraban os rosarios o Día de Todos os Santos e poñíanllos ós nenos para ir ata ós camposantos, coa crenza de que por cada castaña comida polos cativos, liberaban do seu tormento ás ánimas do purgatorio.

¿Quen non recorda levar un destes rosarios o día de todos os Santos cando acodía ó cemiterio? ¡Como pesaba!

Non deixemos que as nosas tradicións desaparezan. O Museo da Terra de Melide considera que non debemos permitirnos o luxo de deixar que se esvaeza a nosa rica cultura popular por causa da introdución comercial de determinadas manifestacións doutras sociedades que nada teñen que ver coa infinita e plural tradición propia do territorio galego. Tal é o caso da adopción do Halloween norteamericano, que se impuxo á celebración da festividade de Santos e Defuntos e tamén á festividade do Samaín de raigame indoeuropea (que volveu ás nosas latitudes reconvertida e reciclada a modo de Halloween cheo de zombies, vampiros, pantasmas e cabazas ocas de caras diabólicas, que mesmo chegaron a substituir e mandar para o faiado incluso á nosa arraigada Santa Compaña, Hoste, Estantiga, Estadea,... da que tanto se leva falado ó redor das lareias nas noites de invernía na nosa sociedade ancestral). 
[...]
Aínda que os nenos non coñezan o significado que envolvía esa práctica (a de liberar ás ánimas do purgatorio), sabrán que nesta festividade se leva a cabo esa práctica tan curiosa.

Parabéns pois, por contribuír a manter viva unha das nosas tradicións propias, que noutras partes desapareceron."






Ningún comentario:

Publicar un comentario