xoves, 22 de marzo de 2018

Temos moito conto! de finais de marzo

Rematamos o mes de marzo coas últimas sesións de Temos moito conto! coincidindo, ademáis, coa celebración do Día da Poesía no que houbo intercambio de recitado entre niveis.

Candela, Lua e Irene, de 4º, contaron de marabilla o conto de Ramón e Ramona.

 
 Álvaro, Carla y Clara, de 3º, dramatizaron Nariz de Ouro.
 
 
Candela e Lua, de 4º, contaron Tío Lobo en 4 anos.

Moitísimas grazas a todas e todos! Facédelo xenial!

martes, 20 de marzo de 2018

Adeus, inverno

Despedimos este inverno cunha poesía de Manuel María.

Ilustración de Christian Martínez Keller, 4 anos B







venres, 23 de febreiro de 2018

TEMOS MOITO CONTO! Finais febreiro-principios marzo

Neste mes de entroido algúns nenos e nenas animáronse a contar os seus contos preferidos.

Lucía e Nerea, de 5º de primaria, foron a 5 anos para contar Besos, besos.

Tamén de 5º foron Diego, Lucas e Xacobe de Viaxe pola selva a 3 anos.


 De 3º de primaria foron a 4 anos, por unha  banda, Amanda, Brais e Héctor.

 E, por outra banda, Carlota, Carlos e Iago a contar Chucho Cacho.


 Irene e Aloida, de 5º, contaron, en 2º de primaria, Na busca dun fogar.

Anxo e Diego, de 5º de primaria, foron a 2º a contar Rajá.

Marcos e Nicki, de 5º, foron a 1º de primaria, a contar Emma Enfadosauria.


Dende 5º viñeron Lucía, Carla y Antía para contarlles á rapazada de 5 anos Quen lle ten medo ao lobo?

Noa, Andrea, Natalia e Daniel, tamén de 5º de primaria, dramatizaron O galo traganoces en 4 anos.
 
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS. SODES XENIAIS! 

luns, 19 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

Ola, a tod@s!!
Logo de tanta festa e tanta comilona, estamos de volta coa revista dixital que publica cada ano este equipo co gallo da celebración do entroido.
Desexamos que gocedes coa súa lectura. 
Grazas a todos e todas por dar colorido a esta grande festa.

sábado, 3 de febreiro de 2018

PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS DA NOSA LINGUA

Atención, rapazada!! 
Aproxímanse datas sinaladas para a nosa lingua, por iso, deixámosvos enlaces interesantes onde indagar sobre cada unha.

María Victoria Moreno Márquez, Letras Galegas 2018 - Imos quentando motores para a grande celebración da nosa lingua nos seguintes enlaces:

 

 
Día de Rosalía - #AbrideAFiestra actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para o 24 de febreiro.





Día da Muller - 8 de marzo - Recomendamos a colección Mulleres Bravas da nosa historia, de Urco Editora   
 
     


Día do Libro... Semana da Prensa... E, por suposto, non esquezades o noso Certame Literario Sofía Casanova de tira cómica, poesía e narrativa, cuxos seleccionados serán galardonados no día da celebración das Letras Galegas. 


TEMOS MOITO CONTO! de Xaneiro

Xa estamos de volta coas sesións de TEMOS MOITO CONTO!

Dani Bouzas, David Chans e David Martínez chegaron das vacacións de Nadal lembrando á figura do Apalpador aos nenos e nenas de tres anos.
Moitas grazas, rapaces!!
  








martes, 2 de xaneiro de 2018

POSTAL DE NADAL

FELIZ ANINOVO A TODOS E TODAS!!
Damos a benvida ás vacacións de Nadal e ao ano novo 2018 coa postal-calendario de 
ANTÍA MOSQUERA, de 5º de Educación Primaria. Noraboa!!!


Foi elexida entre 60 postais seleccionadas de todo o cole, tres postais de cada aula. 
Tarefa realmente dificil pola preciosidade das súas competidoras.