xoves, 17 de maio de 2018

Especial LETRAS GALEGAS 2018


16 de maio de 2018. 
Gran celebración das 
LETRAS GALEGAS 2018!!


Comezamos a xornada recibindo ao persoal do centro con moita alegría. Marga, Sergio e Pablo fixéronnos vibrar coa muiñeira de Chantada.


Logo do recreo fomos ao pavillón para entregar os premios do Certame Literario 2018. Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria participaban cun debuxo. Mentras que dende terceiro ata sexto participaban nas categorías de narrativa, poesía e tira cómica. 


Comezamos o acto coa muiñeira de Chantada, nesta ocasión acompañan a Sergio (guitarra) e Pablo (gaita), Germán (bombo), Xerardo (tambor) e Lidia (pandeireta).


O acto foi presentado por José Daniel, Inés, Zaida e Laura, de sexto, que foron nomeando ás gañadoras e aos gañadores do Certame Literario por niveis. A cada un entregóuselles unha camiseta cun deseño alusivo ao traballo desenvolvido dentro do proxecto "Percorremos Culleredo" do EDLG, coa colaboración dos equipos de Biblioteca e de Actividades Complementarias.






A entrega de premios foi intercalada con música tradicional da nosa terra. Así, Daniel Bello interpretou magníficamente á gaita a muiñeira Carballesa.


Máis tarde unha chea de pandereteiros e pandereteiras animáronse a cantar e tocar unha versión de "O Galo" adaptada ao noso cole. Aquí tedes a letra por se vos apetece cantala:
O galo cando canta é día,
é día, é día.
O galo cando canta é día,
imos de parranda,
imos todo o día.
E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira,
e como somos da ribeira
imos de parranda a semana enteira.
E como somos tan galegos,
galegos, galegos,
e como somos tan galegos
imos de parranda polo mundo enteiro.
E como somos do Sofía,
Sofía, Sofía,
e como somos do Sofía
imos de parranda como moita alegría.


Logo, baixo a dirección de Marga, a profe de Educación Musical, os rapaces e rapazas de , e de Educación Primaria, tocaron con frautas e percusión sendas pezas da nosa tradición popular. Espectaculares!!



Amoriños collín pola Lingua ao cantar.
Amoriños collín pola Lingua ao bailar.
Ao cantar, ao bailar e tamén ao xogar
Amoriños collín, seica poden durar.


O mar da língua
O que teño que facer
para a língua conservar
é falar ata fartar
en GALEGO moito máis.



Vivan as Letras Galegas,
Viva toda a nosa terra.



Rosalía, Castelao,
María Victoria Moreno
trovadores medievais e Manuel María.

Vivan as Letras Galegas
Viva toda a nosa terra.

Viva Culleredo, Oleiros,
Viva Cambre e A Coruña,
Viva Malpica e Fisterra


Finalmente, como calquera acto desta importancia que se precie, rematamos a xornada entonando todos xuntos o noso Himno.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 
queremos agradecer a todos os participantes deste acto a súa colaboración. 
Moitísimas grazas!!!




mércores, 9 de maio de 2018

xoves, 3 de maio de 2018

Comeza a conta atrás para celebrar o Día das Nosas Letras!!!

Lembrade que dende a internet podedes investigar sobre a autora homenaxeada deste ano:

MARÍA VICTORIA MORENO

Podedes botarlle unha ollada ao seguinte enlace para coñecer un pouco máis o amor desta escritora por Galicia, no que se defende que "AS LINGUAS SON DE QUEN AS HABITA".


 

luns, 30 de abril de 2018

Temos moito conto! de abril

Case sen decatarnos, chegamos a finais de abril. Pódese dicir que é o mes dos libros pola cantidade de actividades relacionadas con eles.
Aquí unha mostra do TEMOS MOITO CONTO deste mes.

 Paquito, Iván e Iago contaron o conto elexido en 4 anos.


 Fikru e Daniel foron co conto Sono de pixama a 5 anos.


Eloy, Nacho, Mario e Stefan foron co conto O flautista de Hamelin a 5 anos.

GRAZAS A TODOS!

luns, 2 de abril de 2018

Dende o EDLG do CEIP Sofía Casanova queremos compartir o vídeo da Asociación de Familias Azuis, realizado por María Fumaça e promocionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para celebrar este 2 de abril como o
 
https://www.youtube.com/watch?v=r0yMtDyVdSU

xoves, 22 de marzo de 2018

Temos moito conto! de finais de marzo

Rematamos o mes de marzo coas últimas sesións de Temos moito conto! coincidindo, ademáis, coa celebración do Día da Poesía no que houbo intercambio de recitado entre niveis.

Candela, Lua e Irene, de 4º, contaron de marabilla o conto de Ramón e Ramona.

 
 Álvaro, Carla y Clara, de 3º, dramatizaron Nariz de Ouro.
 
 
Candela e Lua, de 4º, contaron Tío Lobo en 4 anos.

Moitísimas grazas a todas e todos! Facédelo xenial!

martes, 20 de marzo de 2018

Adeus, inverno

Despedimos este inverno cunha poesía de Manuel María.

Ilustración de Christian Martínez Keller, 4 anos B