xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

Menuda liamos dende o EDLG coa chegada do SAMAÍN!!!
O cole encheuse de muráis e cabazas terroríficos que adornaron os corredores.





Durante tres días o alumnado do Sofía Casanova foi pasando pola COVA DO SAMAÍN... unha verdadeira cova do medo!!
Alí puideron escoitar historias arrepiantes da nosa cultura tradicional da man de meigas, vellas e narradores tenebrosos.



FELIZ E TERRORÍFICA NOITE!!

 






domingo, 15 de setembro de 2019

Bo curso 2019-2020 A TODAS!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos a todas as persoas que conformades a comunidade educativa
do CEIP Sofía Casanova un bo curso 2019-2020.

Adiante con el!

martes, 2 de xullo de 2019

PUNTO E COMA 2018-2019

Xa temos con nós a revista PUNTO E COMA... a vosa revista!

Esta revista escolar anual do CEIP Sofía Casanova recolle artigos de aspectos significativos do curso escolar, así coma os traballos gañadores do Certame Literario organizado polo EDLG para o fomento do galego.

Agardamos gocedes coa súa lectura e... FELIZ VERÁN!


xoves, 20 de xuño de 2019

UN COLE DE PELÍCULASSSSSS

Foron moitas creacións as que xurdiron deste COLE DE PELÍCULA e o EDLG síntese orgulloso de que o galego fora a lingua maioritaria desas creacións. Aquí tedes unha mostra:


Queremos facer unha mención especial ao traballo realizado ao longo de todo o curso ao nivel de segundo de primaria, polas súas achegas en forma de teatro

E como todo esforzo ten o súa recompensa, chegaron os BUFOPREMIOS!
http://bufolector.blogspot.com/2019/06/entrega-bufopremios.html


MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS, 
GRANDES E PEQUENAS,
QUE PARTICIPARON PARA FACER POSIBLE ESTE GRANDE PROXECTO
QUE ABRANGUEU A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

venres, 17 de maio de 2019

AS NOSAS LETRAS

Dende o EDLG do CEIP Sofía Casanova, un ano máis, puxemos en marcha o Certame Literario. 

Dende a etapa de Infantil ata segundo nivel de Educación Primaria o alumnado participa cun debuxo alusivo á cultura galega. A partires de terceiro ata sexto de Educación Primaria, poden participar en tres categorías: narrativa, poesía ou tira cómica.

Este curso 2018-2019, o agasallo recibido polos gañadores e gañadoras consiste nunha camiseta deseñada polo propio equipo que fai referencia ao proxecto que estamos a desenvolver: "UN COLE DE PELÍCULA". Tomouse como referencia unha ilustración realizada por Castelao para unha publicación editada pola nosa Sofía Casanova, "Princesa del Amor Hermoso". O seguinte paso foi encher a silueta con carátulas de películas de orixe galega.
E que mellor xeito hai de celebrar o Día da LETRAS GALEGAS? Pois entregándolle aos gañadores e gañadoras do Certame Literario o seu agasallo!

O xoves 16 de maio de 2019 comezamos a xornada recibindo á comunidade educativa cunha peza musical tocada á gaita por Daniel Bello, alumno de terceiro de primaria.


No recreo Dani tamén tocou varias pezas. 


Máis tarde, xuntámonos todos para celebrar ese momento tan agardado: A entrega de premios!

Se premedes aquí podedes ver o vídeo.

María e Aitor, de 3 anos; Lucía e Natalia, de 4 anos; Bruno e Mara, de 5 anos.

Sofía e Icía, de primeiro; Xare (ausente) Mateo e Carlota, de segundo.

De terceiro de primaria, Daniel, Héctor, Lorena e Nicolás. 

 De cuarto, Amanda, Carolina, Laura, Xoán e Hugo.

De quinto, Luna, Inés, Stella, Irene, Carola, María, Lucas e Erica (representando "Os nosos poemas" de 5º C).

Daniela e Noa, de sexto.

NORABOA AOS PREMIADOS 
E MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

Lembrade seguir pensando en galego para non esquecer a nosa cultura.

Ata o ano que vén!












xoves, 11 de abril de 2019

Visita dun "MESTRE MATEO"


O alumnado de sexto de educación primaria tivo a oportunidade de recibir a visita de David Saborido.


Compartiu a súa experiencia como galardonado na XIV edición dos Premios Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Animación.


Ademais, foron quenes de levar a cabo unha clase práctica sobre o Stop Motion.

Moitas grazas por esta oportunidade tan fantástica, David!!

venres, 15 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Xa temos con nós o último número da Revista Dixital de Entroido!

Este ano 2019 dedicado ao cine e no que as familias xogaron un papel principal, cada grupo reflicte mediante unha composición de imaxes ou palabras o máis destacado deste ENTROIDO DE PELÍCULA.


Moitas grazas a todas as persoas que participaron para facer posible tan fermosa festa.