sábado, 31 de outubro de 2020
Lembrando a RICARDO CARVALHO CALERO, Letras Galegas 2020
venres, 30 de outubro de 2020
TEMOS MOITO CONTO! con CARABUÑAS
mércores, 14 de outubro de 2020
O OUTONO XA CHEGOU
Ola, rapazada!
Coa chegada do OUTONO podedes ollar moitos cambios na paisaxe e sentir novas sensacións.
Os nenos e nenas de infantil achégannos estes froitos que puideron analizar eles mesmos en primeira persoa.
venres, 2 de outubro de 2020
NOVO XOGO NA INTERNET
Dende o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 invítannos ao primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña.
Podedes acceder a el a través do seguinte enlace: Turisteando cos Miúdos
luns, 28 de setembro de 2020
MAMBO COVID-PICTOGRAMAS
Ola, rapazada!
Recibimos este novo curso 2020-2021 coidándonos moito para poder combater ao coronavirus.
Compartimos con vós esta canción en galego, versión con pictogramas elaborada polo EDLG do CEIP Plurilingue Anxo da Garda, da Coruña, e o CEIP Plurilingüe O Mosteirón, de Sada.
domingo, 17 de maio de 2020
PARTICIPANTES CERTAME LITERARIO 2020
ás súas familias por facer posible a súa participación no Certame Literario 2020.

domingo, 10 de maio de 2020
EDICIÓN ESPECIAL PREGUNTÓN LETRAS GALEGAS 2020
Apetécevos xogar? Traémosvos unha edición especial do PREGUNTÓN DAS LETRAS GALEGAS. So tedes que clicar na vosa clase, escribir o voso nome e demostrar o moito que sabedes dos contos e das nosas Letras... A XOGAR!


















