martes, 25 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

O EACE propuxo que o venres 28 celebráramos este día vestidos de branco, cantando e bailando todos xuntos no patio do cole. Así foi 👇


Cantemos pola paz con Mamá Cabra e o seu BAILE DA PAZ .


Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Ombro con ombro
Pódese todo.
Ombro con ombro
Pódese todo.

Da un taconazo
Levanta un brazo
E con donaire
Dalle ao cú aire.
Colle a orella
Da túa parella
Faille coxegas
Ponlle pequena

Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Agora da un brinco
Ou mellor cinco
E tres palmadas
Con gargalladas.

Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Logo ao compás
Anda cara atrás.
E cara diante
Coma un xigante.

Pinta un momento
Paz no vento.
Grita un segundo
Paz no mundo.

domingo, 12 de decembro de 2021

CONCURSO POSTAIS NADAL 2021

Xa temos con nós a postal gañadora para representar o calendario do noso cole para o ano 2022: NINA HARBATKOU de 6º B. NORABOA!!

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!


martes, 30 de novembro de 2021

RECEITAS DO OUTONO


PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AO 
LIBRO DAS RECEITAS DO OUTONO OU AOS VÍDEOS.


Moitas grazas a todos e todas 

pola vosa participación!


luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

Chegou o SAMAÍN e con el o medo e o respecto ás crenzas máis arraigadas da nosa terra.

Nos niveis máis altos de primaria investigaron sobre os personaxes típicos desta celebración: Sacauntos, Lavandeiras, Meigas, Urco, Lobishome, Gatipedro, Santa Compaña.



Ademais deste magnífico traballo, ao alumnado fixémoslle un encargo moi especial: deberían coordinarse as aulas de cada nivel para decorar unha cabaza. Por certo, cabazas cultivadas no noso invernadoiro! 

E así foi... e o fixeron requetebén!!

En sexto decidiron decorar con moitas feridas e sangue.

En quinto deccoraron cun toque gracioso pero ao mesmo tempo tenebroso.

En infantil, as mestras fixeron unha demostración de como se baleira unha cabaza e se recortan as partes da cara para poñerlle unha vela para alumenar o seu interior.

 
Un toque mexicano para a cabaza de cuarto de primaria.

A aportada por terceiro era monstruosa con eses ollos... eses morcegos... eses parafusos... Pfff!

A de segundo metía medo con tanto bicho e cara de terror.

A de primeiro era tenebrosamente adorable.

Así posaron algúns cursos coas obras de arte.
 



Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. 
Feliz e tétrico Samaín!


domingo, 13 de xuño de 2021

Revista PUNTO E COMA 2020-2021

 🙋 EXTRA! EXTRA! EXTRA!

Xa temos con nós a publicación da revista escolar anual 
PUNTO E COMA deste curso 2020-2021!

Aquí podedes ver un resumo do moito que traballamos no cole durante estes meses, sen esquecer as distintas conmemoracións e os gañadores e gañadoras do Certame Literario.

 
Preme na imaxe para ver a revista. 
Lembra poñer en modo pantalla completa para unha mellor visualización dos artigos.

Este equipo agradece a todos os membros da Comunidade Educativa -familias, alumnado, profesorado, conserxes, coidadora…- a súa colaboración, tanto na elaboración desta revista como en outras actividades propostas por este equipo ao longo do curso.

🌞 FELIZ VERÁN E COIDÁDEVOS MOITO! 😷

domingo, 6 de xuño de 2021

Aniversario PUNTO E COMA

 ESTAMOS DE ANIVESARIO!

No ano 1981 comezaba a andadura do noso centro, nacía como Colexio Nacional de Vilaboa. Co paso do tempo recibiu o nome de CEIP Sofía Casanova. Cumprimos polo tanto os primeiros 40 anos da nosa andadura.

Por aquí levan pasando varias xeracións de rapaces e rapazas, mestres e mestras, persoal non docente e familias; a todos a nosa lembranza e agradecemento.

O actual Sofía Casanova é o resultado do traballo conxunto de todos eles. Testemuña disto é a nosa revista escolar Punto e Coma que vía a luz no curso 1981-1982.

Nacía coma unha publicación literaria da antiga Segunda Etapa de Educación Primaria. Faltáballe a cor, o seu tamaño era o dunha cuartilla, escrita cunha máquina de escribir da época (posiblemente unha Olivetti) e impresa cunha vella multicopista con moito esforzo. Un erro era moi difícil de corrixir por non dicir imposible.

Ao longo destes corenta anos medrou de tamaño e afloráronlle as cores. Hoxe acolle os traballos de todo o alumando do noso centro tendo dúas versións a impresa e a dixital.

Preme na ilustración para gozar coa súa visualización


Os nosos parabéns!!

venres, 28 de maio de 2021

GAÑADORES E GAÑADORAS DO CERTAME LITERARIO 2021

É un pracer para nós, presentarvos aos gañadores e gañadoras do Certame Literario 2021 nas distintas categorías de debuxo, narrativa, tira cómica e poesía.









 NORABOA A TOD@S!! 😍