martes, 28 de febreiro de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de Febreiro

Martín, de 4º, contou "Os Bolechas aumentan a familia" ao alumnado de 3 anos.
Gansiri, de 4º, contou "Tento e maila súa sombra" en 3 anos. 
Daniela, Mara e Naia, de 4º, contaron "O cociñeiro Martiño" nos tres niveis de infantil.


"Maruxa", de 5º, para os nenos e nenas de 4 anos.
Aroa e Geraldine, de 4º, contaron "Os Bolechas" na aula de 4 anos.
Ángel e Christian, de 4º, contaron "Corno de unicornio" na aula de 5 anos.

domingo, 26 de febreiro de 2023

Revista de Entroido 2023

Logo de que o EACE nos fixera gozar cos mandadiños, o desfile e o xuizo do Meco chega... 
A Revista do Entroido!!
Gozade da súa lectura premendo na imaxe e poñendo a pantalla completa 😉

martes, 31 de xaneiro de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de XANEIRO

Carmen, de 4º de EP, contou "De cores e de amores" ao alumnado de 3 anos.
Santi contou "Os Bolechas fan maxia" na aula de 3 anos.
"Orellas de bolboreta" contado por Emily e Daniela, de 4º, na aula de 3 anos
Aitor, Pablo, Adrián e Darío, de 5º, contaron en 4 anos "O Pitiño busca un amigo".
Cayetana e Uxía, de quinto, contan en 4 anos "Os petos de Loreto".
Lucas e Lucía, de 4º, contan "A vaca que puxo un ovo" en 5 anos.
"A tartaruga que quería durmir" para o alumnado de 5 anos.
Icía e Isabela de 5º contaron en 5 anos

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR... 
FIXÉSTELO XENIAL!!

Gañador da ABRACADIVIÑA de XANEIRO

 A resposta correcta á Abracadiviña de decembro é: 

O ESTETOSCOPIO OU FONENDOSCOPIO.

De todas as persoas participantes o gañador é MARCELO, de 3º de primaria. Noraboa!

 


xoves, 22 de decembro de 2022

Gañadora ABRACADIÑA de DECEMBRO

 A resposta correcta á Abracadiviña de decembro é: OS SEGUNDOS.

De todas as persoas participantes a gañadora é ADA, de 4 anos. Noraboa!



venres, 2 de decembro de 2022

Gañadora do Abracadaviña de novembro

 A resposta correcta á Abracadiviña de outubro é o PLUVIÓMETRO e a afortunada acertante foi...

SABELA ZAPATA TEIJEIRO. Noraboa!

domingo, 27 de novembro de 2022

Atlas de Europa

No Portal da lingua galega "colgaron" o novo atlas de Europa. Unha ferramenta útil para o ensino e aprendizaxe da xeografía europea nas aulas de 6º de primaria, ESO e bacharelato.