Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, durante esta semana o alumnado estivo traballando as achegas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Mais dende o EDLG tiñamos argallado un reto para o propio 23 de febreiro. Este consistía en repartir unha pregunta relacionada coa biografía de Rosalía en cada aula. Resolta a cuestión correctamente, recibirían unha peza dun crebacabezas, que de xeito colaborativo, deberían construir nun panel, preparado para tal fin, na sesión de lecer.
Premede na imaxe e subide o volume para ver o ben que o fixo o noso alumnado.
O alumnado de 5° atreveuse a facer unha versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes"... escoitade o ben que lles quedou!!
Nas aulas de 5º B e Pedagoxía Terapéutica aproveitaron os LÁPICES 3D, prestados polo CFR da Coruña dentro do programa de Polos Creativos, para realizar a silueta de Rosalía de Castro sobre acetato.