Agora chegan os premios
do Certame Literario;
están feitos con cariño
que vos guste o agasallo!
Así dicía a Regueifa que anunciaba aos premiados do Certame Literario 2025! Noraboa a todos e todas!
Agora chegan os premios
do Certame Literario;
están feitos con cariño
que vos guste o agasallo!
Así dicía a Regueifa que anunciaba aos premiados do Certame Literario 2025! Noraboa a todos e todas!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria abraiáronos coas súas regueifas polo día das Letras Galegas. Noraboa!
Para facer este maio tivemos que ir a buscar...
Pero mirade que bonitiño nos quedou! Todos e todas participamos neste maio; aportamos herbas e flores, colocámolas e tamén bailamos arredor del. Grazas as familias pola gran participación!
Este luns, 12 de maio, tivemos a Pakolas en concerto no noso cole. Desfrutamos do seu espectáculo "A Ramona Pequena vai á Lúa" onde puidemos cantar, bailar e saltar ao son do rock and roll!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou activamente no obradoiro impartido por LUPE BLANCO sobre a arte de improvisación oral. Todos os grupos crearon unhas fermosas REGUEIFAS. Estamos desexando escoitalas!
Aquí tedes aos nenos e nenas do 6º nivel de Educación Infantil co SOUTO e a CARBALLEIRA.