xoves, 26 de marzo de 2026

TEMOS MOITO CONTO! MARZO

 

Ian Dapena e Thiago Cano contaron Cando Martiño tiña ganas de mexar  na Noite de Reis na aula de 5º de Educación Infantil. Entre o público había unha admiradora moi especial á que lle encantou ver como o seu irmán lía un contiño na súa clase. Quedaron todos e todas encantados!


Tamén estiveron na aula de 4º de Educación Infantil onde escacharon coa risa. Volvede pronto Ian e Thiago!

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

No noso colexio quixemos festexalo a través dalgúns dos seus poemas.

 Velaquí algunha fotografía do traballo realizado.



domingo, 22 de febreiro de 2026

REVISTA "ENTROIDO 2026"

 Xa chega a Revista máis esperada da Historia, a 

"Revista do Entroido 2026"

Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.

Agardamos que vos guste!




venres, 19 de decembro de 2025

DEBUXO HISTÓRICO

 Velaquí o resultado dos gañadores do concurso do Debuxo Histórico. Felicidades polo gran traballo realizado. E noraboa aos gañadores e gañadoras!




luns, 15 de decembro de 2025

TEMOS MOITO CONTO! DECEMBRO

Roi Pasantes e Noa Roade de 2ºA leron "Unha casa a medida" na aula de 5º Ed. Infantil.


Sara e Paula, de 2ºB de Ed. Primaria contaron "O país dos mandóns" na aula de 6º de Ed.Infantil.
Tamén se achegaron á aula de 4º de Ed. Infantil para contarlles esta historia. Graciñas rapazas! Aos nenos e nenas encantóulles!



domingo, 30 de novembro de 2025

TEMOS MOITO CONTO! NOVEMBRO

 Paula Luces e Sara Piñeiro contaron "O país dos mandóns" na aula de 5º de Infantil. 

Pasárono xenial!


Ada, Thiago e Sophia Ariagna estiveron na aula de 5º de Ed. Infantil contando "Bromas na escuridade". Que personaxes tan orixinais e divertidos crearon!

martes, 4 de novembro de 2025

SOFITERIO DESTERNILLANTE!

 Velaquí un pequeno vídeo resumo do noso Cemiterio Divertido "Sofiterio".

Aquí morremos coa risa!

Preme na imaxe para visualizalo