Velaquí vai unha nova adiviña histórica! Feita polo alumnado de 1º de Primaria para poñernos a todos e todas a proba… quen será quen de acertala?
E aquí chega a primeira adiviña dende a aula de 3ºB de EP. Atrevédesvos?
CEIP PLURILINGÜE SOFÍA CASANOVA - EDLG
Velaquí vai unha nova adiviña histórica! Feita polo alumnado de 1º de Primaria para poñernos a todos e todas a proba… quen será quen de acertala?
E aquí chega a primeira adiviña dende a aula de 3ºB de EP. Atrevédesvos?
Ian Dapena e Thiago Cano contaron Cando Martiño tiña ganas de mexar na Noite de Reis na aula de 5º de Educación Infantil. Entre o público había unha admiradora moi especial á que lle encantou ver como o seu irmán lía un contiño na súa clase. Quedaron todos e todas encantados!
Este 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía.
No noso colexio quixemos festexalo a través dalgúns dos seus poemas.
Velaquí algunha fotografía do traballo realizado.
Xa chega a Revista máis esperada da Historia, a
"Revista do Entroido 2026"
Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.
Agardamos que vos guste!
Velaquí o resultado dos gañadores do concurso do Debuxo Histórico. Felicidades polo gran traballo realizado. E noraboa aos gañadores e gañadoras!
Roi Pasantes e Noa Roade de 2ºA leron "Unha casa a medida" na aula de 5º Ed. Infantil.
Paula Luces e Sara Piñeiro contaron "O país dos mandóns" na aula de 5º de Infantil.
Pasárono xenial!
Ada, Thiago e Sophia Ariagna estiveron na aula de 5º de Ed. Infantil contando "Bromas na escuridade". Que personaxes tan orixinais e divertidos crearon!