xoves, 25 de maio de 2023

GALICIENTÍFICOS

Nesta entrada iremos poñendo os traballos que se foron presentando do proxecto de fomento da lingua galega "GALICIENTÍFICOS".

Preme nas imaxes para acceder aos traballos.

VICTOR LÓPEZ SEOANE, aula de 3 anos.

MARÍA WONENBURGER, aula de 5 anos.

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA, aula de 3º A.

EUGENIA PEREIRA, aula de 3º B.

RAMÓN NÚÑEZ CENTELLA, aula de 6º A.

mércores, 24 de maio de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de MAIO

Daniela leu "Negros e Brancos" na aula de 3 anos.
Rihanna, Adriana, Carla e Julia, de 5º, contaron "A Galiña Roxa" na aula de 4 anos.
Alan e contaron "Orellas de Bolboreta" na aula de 3 anos.
Eva, Alba e Nasiha representaron "O galo Quirico" na aula de 4 anos.
Daniela e Lucía contaron "Os Bolechas aprenden a facer debuxos animados" na aula de 3 anos.
Alexia leu "A casa da mosca Chosca" na aula de 5 anos.
Lucía e Gansiri, de 4º, leron "A bruxa regañadentes" na aula de 5 anos.
Anxo, Omar, Mateo e Pablo, de 5º A, foron contar unha adaptación de "Os tres porquiños" á aula de 3 anos. Preme na imaxe para ver o ben que o fixeron!!
Alexia, de 4º A, contou "Paco" aos nenos e nenas da aula de 4 anos.
Mario, Uxía e Cayetana contaron en 3 anos "Os de Arriba e os de Abaixo".

mércores, 17 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Dende o EDLG organizamos a semana do 15 ao 19 para adicarlla ás nosas letras, as LETRAS GALEGAS 2023.

O luns 15 de maio, os grupos do nivel de 6º de educación primaria expuxeron o seu mural adicado a Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia.


O martes 16 de maio, os gañadores e gañadoras recibiron os agasallos do Certame Literario 2023 e contamos coas exclusivas actuacións da Asociación Folclórica Ancoradoira e dun grupo de nenos e nenas escolarizados no Conservatorio de Música de Culleredo.

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder aos vídeos das marabillosas actuacións da Asociación Folclórica ANCORADOIRA.

Premendo na imaxe podedes acceder aos vídeos das grandes actuacións de Darío, Gabriela, Sabela e 
Icía, guiados por Josefa Teresa, profesora do Conservatorio e nai de Gabriela. 

Aquí tedes as fotos do alumnado gañador do CERTAME LITERARIO 2023 dos distintos niveis nas categorías de narrativa, tira cómica, poesía e debuxo.
6º de primaria
5º de primaria
4º de primaria
3º de primaria
1º e 2º de primaria
4º, 5º e 6º de infantil

Para rematar a semana, o venres 19 de maio, levouse a cabo unha exposición de traxes tradicionais galegos, donados, a maioría, pola Asociación Folclórica Ancoradoira e Son d'aquí Asociación Cultural.


(Entrada en construción. Paciencia 😉)

sábado, 6 de maio de 2023

Festexamos os MAIOS!

  Na mañá do venres 12 de maio festexamos os MAIOS.
Entre todos os nenos e nenas formaron a construción cos ramos de flores e herbas que trouxeron eles mesmos o día anterior.
Ademais, o alumnado de sexto grabou unha canción adaptada propia desta celebración.
Na festa os nenos e nenas seleccionados de cada aula bailaron e cantaron ao redor do Maio.
Premede na imaxe para gozar connosco da lembranza deste día.


GRAZAS A TODAS AS PERSOAS IMPLICADAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

Gañador ABRACADIVIÑA de ABRIL

 A resposta á última Abracadiviña do curso, a do mes de ABRIL, é: 

O LIBRO.

O seleccionado de entre todas as persoas participantes foi DANIEL, da aula de 4 anos.



Moitas grazas a todos e todas por participar 😍
ao longo destes meses de ciencia!

martes, 2 de maio de 2023

MAIO: MES DE FLORES E DAS NOSAS LETRAS

Dende a Real Academia Galega envíannos esta comunicación que merece ser compartida polo interese que suscita.

 A nova edición da páxina web de Primavera das Letras, o proxecto da Real Academia Galega para o público infantil, ofrece xa unha serie de recursos lúdicos e didácticos para achegar a rapazada de infantil e primaria á figura e a obra de Francisco Fernández del Riego, o autor ao que este ano a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2023.

A escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo son as autoras da obra teatral As cousas de don Paco, un texto para ler, e para representar dentro e fóra das aulas, que recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir.

A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas que irán medrando ao longo da primavera e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.



venres, 21 de abril de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de ABRIL

Kevin foi contar a 5 anos "Os Bolechas forman unha banda".
Julia e Adriana contaron "Unha casa a medida" en 1º A.
O alumnado de 2º A de primaria foi dramatizar "Paco Papán" e "Os tres porquiños", esta vez, a 1º A.  
Inés, Lucía e Emily contaron en 4 anos "Corre, corre, Cabaciña".
Anxo, Jose, Samuel e Yago dramatizaron seu conto en 5 anos.

luns, 10 de abril de 2023

GAÑADOR da ABRACADIVIÑA de MARZO

A resposta correcta á Abracadiviña de marzo é o número CINCO.

O gañador deste mes é NICOLÁS, de 2º A. Noraboa!

Anota a resposta xunto co teu nome e curso e introdúceos na caixa do corredor principal, para entrar no sorteo dun pequeno agasallo. Sorte!

xoves, 30 de marzo de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de MARZO

Tamara, Xiana, Ana e Sofía contaron "Orellas de bolboreta" en 4 anos.
Rubén e Alan contaron "A horta de Simón" en 5 anos.
Xabi, Martín, Junias e Daniel contaron "A tartaruga que quería durmir" en 4 anos.
A aula de 2º A dividiuse en dous grupos para dramatizar nos tres niveis de infantil os contos "Paco Papán" e "Os tres porquiños", respectivamente.
Adriana, de 5º, adaptou marabillosamente ao galego "Un libro" 
para contalo en 3 anos.
Julia, de 5º, contou "Sopa verde" en 4 anos.

sábado, 18 de marzo de 2023

A mirada de Rosalía

Dende a Asociación de Escritores Galegos propuxéronnos pensar como o faría Rosalía de Castro de vivir na nosa actualidade.

Entre o alumnado de infantil e os primeiros niveis de primaria, realizaron esta composición.

En 3º e 4º de primaria aportaron as súas creacións e voces para realizar esta adaptación tan xeitosa de 
"Rosalía Pequeniña" de Uxía.

O alumnado de 5º de primaria adaptou varios poemas de Rosalía á actualidade. 
Preme na imaxe para velos.

mércores, 8 de marzo de 2023

8M: MULLERES GALEGAS E CIENTÍFICAS

Dende a aula de 4 anos fan unha lembranza dalgunhas 
mulleres galegas e científicas e 
deséxannos un FELIZ DÍA DA MULLER!

 

domingo, 5 de marzo de 2023

Gañador da ABRACADIVIÑA de FEBREIRO

 A resposta correcta á Abracadiviña de FEBREIRO é: 

A ASTRONOMÍA

De todas as persoas participantes o gañador é AXEL ROMERO. Noraboa!!

martes, 28 de febreiro de 2023

TEMOS MOITO CONTO! de Febreiro

Martín, de 4º, contou "Os Bolechas aumentan a familia" ao alumnado de 3 anos.
Gansiri, de 4º, contou "Tento e maila súa sombra" en 3 anos. 
Daniela, Mara e Naia, de 4º, contaron "O cociñeiro Martiño" nos tres niveis de infantil.


"Maruxa", de 5º, para os nenos e nenas de 4 anos.
Aroa e Geraldine, de 4º, contaron "Os Bolechas" na aula de 4 anos.
Ángel e Christian, de 4º, contaron "Corno de unicornio" na aula de 5 anos.