martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022


 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Compartimos con vós a montaxe do CEIP de Seixalbo para saber máis datos sobre o homenaxeado: 

sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO 2022

Partillamos orgullosas esta montaxe tan fermosa e concienciadora do equipo da biblioteca para desexarvos un feliz día do libro 2022 📚

 http://bufolector.blogspot.com/2022/04/dia-do-libro.html?m=1

sábado, 5 de marzo de 2022

UN ENTROIDO SAUDABLE 2022

QUE IMPORTANTE É LEVAR UNHA VIDA SAUDABLE, VERDADE?

DENDE UNHA ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA PASANDO POR UNHA BOA DOSE DE EXERCICIO FÍSICO E DESCANSO ATA A EXPRESIÓN DAS NOSAS EMOCIÓNS.

SEN ESQUECER, CLARO ESTÁ, O COIDADO DO MEDIO, ASÍ COMO O ACCESO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS. 

POIS BEN, O NOSO ENTROIDO DESTE 2022 REFLECTIU TODO ISO E MOITA, MOITA, MOITA ALEGRÍA POR PODER GOZAR TODOS XUNTOS DAS NOSAS TRADICIÓNS.

SE QUEREDES LEMBRAR ESTE MOMENTO... AQUÍ VOS TRAEMOS A NOVA 

REVISTA DIXITAL DO ENTROIDO 2022!!!

Preme nesta imaxe e logo amplía a revista para o seu mellor visionado

MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SÚA IMPLICACIÓN

mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

 Neste 2022 plantamos PENSAMENTOS pola memoria de 

ROSALÍA DE CASTRO.

Preme na imaxe para ver o vídeo

Na seguinte presentación veredes o moito que traballaron os nenos e nenas sobre a grande escritora galega.

Preme o cursor para pasar de diapositiva

MOITAS GRAZAS AOS NENOS E AS NENAS E AOS SEUS PROFES 
POLA SÚA PARTICIPACIÓN 

martes, 25 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

O EACE propuxo que o venres 28 celebráramos este día vestidos de branco, cantando e bailando todos xuntos no patio do cole. Así foi 👇


Cantemos pola paz con Mamá Cabra e o seu BAILE DA PAZ .


Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Ombro con ombro
Pódese todo.
Ombro con ombro
Pódese todo.

Da un taconazo
Levanta un brazo
E con donaire
Dalle ao cú aire.
Colle a orella
Da túa parella
Faille coxegas
Ponlle pequena

Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Agora da un brinco
Ou mellor cinco
E tres palmadas
Con gargalladas.

Esta é a danza
Da esperanza
Danza capaz
De sementar paz.

Logo ao compás
Anda cara atrás.
E cara diante
Coma un xigante.

Pinta un momento
Paz no vento.
Grita un segundo
Paz no mundo.