Vera e Natalia contaron "O porco Farruco" na aula de 5 anos.
Foi moi divertido!
Coma todos os cursos, o mes de maio é un dos nosos favoritos. Por que? Porque está cheo de flores, de música, de festa, de ledicia, de agasallos, de letras... está cheo da nosa lingua!
Queremos compartir con todos e todas algunhas imaxes do que para nós representa esta semana. Agardamos que o desfrutedes.
Co gallo da conmemoración das Nosas Letras, dúas grandes actuacións espérannos a vindeira semana!
Para os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo chega... A XANELA DO MAXÍN representando a súa obra "A gran viaxe das Letras Galegas".
E para os máis pequenos do cole; Educación Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria... "C@nto Contigo", concerto recopilatorio dos grandes éxitos de Paco Nogueiras.
Preparádevos para disfrutar do galego!
Nesta semana cargada de sorpresas chega unha nova adiviña!
E por fin... a solución!
Preparados e preparadas para unha nova entrega de adiviñas? Adiante!Velaquí a solución!
Dende a aula de 4 anos chega unha nova adiviña. Atrévete a intentalo!
Xa chega a solución!
Velaquí vai unha nova adiviña histórica! Feita polo alumnado de 1º de Primaria para poñernos a todos e todas a proba… quen será quen de acertala?
E aquí chega a primeira adiviña dende a aula de 3ºB de EP. Atrevédesvos?
Ian Dapena e Thiago Cano contaron Cando Martiño tiña ganas de mexar na Noite de Reis na aula de 5º de Educación Infantil. Entre o público había unha admiradora moi especial á que lle encantou ver como o seu irmán lía un contiño na súa clase. Quedaron todos e todas encantados!
Este 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía.
No noso colexio quixemos festexalo a través dalgúns dos seus poemas.
Velaquí algunha fotografía do traballo realizado.
Xa chega a Revista máis esperada da Historia, a
"Revista do Entroido 2026"
Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.
Agardamos que vos guste!