luns, 2 de novembro de 2026

UN SAMAÍN DE CONTO!

Este Samaín, as cabazas convertéronse en auténticas protagonistas dos contos! As familias puxeron en marcha a súa imaxinación e creatividade para dar vida a unha morea de cabazas inspiradas no marabilloso mundo dos contos.

Queremos agradecer a todas as familias a participación e implicación nesta actividade tan especial, na que a fantasía, a ilusión e a maxia foron as grandes protagonistas.

Tamén queremos dar as grazas ao alumnado voluntario de 6º de Primaria, que coa súa colaboración, entusiasmo e ganas de participar fixo posible a nosa Cova do Samaín, enchendo de misterio e emoción esta celebración. 👻🕸️

Agora convidámosvos a descubrir todas estas creacións neste vídeo. Preparádevos para mergullarvos nun Samaín... de conto!

Pincha na imaxe


Grazas a todas e todos por facer posible esta celebración tan especial!