sábado, 18 de novembro de 2017

TEMOS MOITO CONTO! 3ª semana Novembro 2017

Cantas sorpresas levan e canta imaxinación desenvolven os nosos pequenos e pequenas do Sofía grazas as nenas e nenos maiores do cole!
Nesta terceira semana de novembro houbo moito movemento e os contacontos vanse perfeccionando, incluíndo materiais de apoio e mesmo... comida!!

Ainoa e Gabriel, de 3º, contaron, de moi bo xeito, O poliño da abeleira na clase de 4 anos. Moi ben, rapaces! 



Noa, Sofía, Inés, Sara, Ángela, Adriana e Mateo, de 6º, levaron a 3 anos o conto Un peregrino en Melide da colección Os Bolechas van de viaxe... e os dóces típicos da terra: MELINDRES!! 😋 Moitas grazas!!



Andrea e Tania, de 5º, escolleron Cocorico para contarllo ao alumnado de 3 e 5 anos. Estiveron xeniais!


Alicia, Sara e Xián empregaron monicreques para contar a historia de Os tres porquiños en 3 anos. Fixéronno xenial!


Raquel e Zaida levaron a 5 anos Xaime e as landras e fixeron partícipes aos nenos e nenas da historia. Bravo!

Moitísimas grazas a todas e todos por participar!






























domingo, 12 de novembro de 2017

TEMOS MOITO CONTO! 2ª semana Novembro 2017

Xa está totalmente integrada a actividade TEMOS MOITO CONTO! nas aulas do alumnado máis vello do cole... e todos queren iren a lerlle aos máis pequenos e pequenas!
 Xabier e Martín, de 4º B, demostraron en 5 anos o divertido que é ler co libro Xa voooou!

 Noa e Leire, de 4º, despertaron grande interese en 1º co conto A casa de cartón

Sofía e Sara, de 6º, estiveron fantásticas diante dos pequenos e pequenas de 3 anos co conto A lúa ladroa. 

Xenebra e Hugo, de 3º, secuenciaron a historia de O poliño da abeleira con debuxos diante de 5 anos. Fixérono de marabilla!

De 6º foron Zaida e Raquel a 5 anos para contarlles, con intriga e paciencia, o conto Xaime e as landras.

A 4 anos foron Carola, Manuela, Sara, Uxía e Vega, de 4º, para contarlles, dun xeito moi teatral, a historia de Sopa verde. Estiveron xeniais!





sábado, 4 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

Coa tan ansiada choiva chegou... o MAGOSTO! 
Baixaron as temperaturas, choveu e, aínda que houbo que suspender os xogos tradicionais, gozamos dunha marabillosa xornada de degustación de castañas.
Como cada ano, Juan, o noso director, fixo unha pequena mostra de como se asan as castañas.




Logo de seren asadas de xeito altruista pola panadería Vilaboa as castañas aportadas polas familias, comemos todos xuntos ao redor das cestas.




Estes días tamén escoitamos e bailamos o


... e lemos contos como A castaña que rebentou de risa.

TEMOS MOITO CONTO!! con Orellas de bolboreta


Orellas de bolboreta foi o conto elexido polos nenos e nenas de 3º para contarllo ao alumnado de infantil.

Así de atentos estaban os nenos e nenas de 4 anos B con Alicia e Diego.
  
Yanira e Óscar fixérono xenial diante do alumnado de 5 anos A.


SAMAÍN 2017

Polo SAMAÍN propuxémonos espantar os nosos medos con contos, cancións e manualidades tenebrosas.  





  Mamá Cabra foi a encargada de poñer a banda sonora 
a tanto susto

venres, 3 de novembro de 2017

REGO DAS XESTEIRAS NO OUTONO

O pasado xoves 26 de novembro, o alumnado de Educación Infantil visitou a Torre de Celas e un pequeno tramo do Rego das Xesteiras dentro do proxecto da Biblioteca "Bufoculleréate" e no que participamos toda a comunidade educativa.

Outono, rego, muiño, cogomelos, landras, moer, pontes... vocabulario e paisaxes da nosa terriña que de seguro aproveitaremos dende este equipo para fomentar a lingua galega.