xoves, 6 de maio de 2021

PERSONALIDADES GALEGAS DO SÉCULO XX

Dentro do Proxecto para o Fomento da Lingua Galega, no CEIP Sofía Casanova, estamos a desenvolver "PERSONALIDADES GALEGAS DO SÉCULO XX".

O alumnado de cada aula está achegando ao equipo verdadeiras marabillas dos galegos e galegas que destacaron pola súa aportación á cultura ao longo do século XX e deixaron a súa pegada co paso dos anos.

En segundo de educación primaria, os nenos e nenas puxeron voz ao seu traballo final sobre MARÍA CASARES

O alumnado de 3º B investigou sobre a vida e obra de ISAAC DÍAZ PARDO e reflectiu no seguinte vídeo o seu traballo.



Os nenos e nenas de 3º A indagaron sobre o escritor CARLOS CASARES e así o reflectiron no seguinte vídeo.


En 4º A, o alumnado traballou sobre a figura de ROSALÍA MERA GOYENECHEA, recollendo na seguinte presentación os aspectos máis destacables da súa vida. 



Os nenos e nenas de 4º B investigaron sobre o modisto ADOLFO DOMÍNGUEZ e preséntannos a seguinte montaxe.



En 4º C, optaron por indagar sobre a cantante ANA KIRO, plasmando nun mural as principais características da súa vida.


En 6º A, o alumnado traballou sobre a figura do grande cantautor PUCHO BOEDO.



Na aula de 4 anos A adentráronse na vida da BELLA OTERO e así nola contan nesta montaxe.








 

domingo, 21 de febreiro de 2021

DíA DA LINGUA MATERNA


O Día da Lingua Materna conmemórase hoxe, domingo 21 de febreiro, coa publicación do relato "Xeliña fala galego", escrito polo maestro e traductor Valentín Arias en boca da súa filla, a poeta Xela Arias (diario Quincemil, 21/02/2021).

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/xelina-fala-galego-precursor-do-multilinguismo/

https://nova.academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias



sábado, 20 de febreiro de 2021

OS MANDADIÑOS DOS MECOS

 Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxéronnos unha misión: 

ESTE ANO AS ÓRDENES DO MECO SON ACUMULATIVAS!

E non hai un so meco... HAI DOUS MECOS!

Puxémonos mans á obra e, entre todos os traballos marabillosos que xurdiron de cada unha das aulas,

o EDLG compuxemos a 

Preme na imaxe

E como non hai entroido pequeno sen xuízo ao Meco, o alumnado de sexto presenta a película 
Sairán airosos os nosos Mecos da queima este ano? 

Preme na imaxe

MOITÍSIMAS GRAZAS 
A TODAS AS PERSOAS QUE FIXESTES POSIBLE 
TODOS ESTES DIVERTIDOS MOMENTOS 😉

luns, 1 de febreiro de 2021

APERTAS POLA PAZ

Neste Día da Paz 2021, 

lembremos as apertas vividas

soñemos coas apertas que están por chegar. 

Coidémonos!