venres, 17 de maio de 2019

AS NOSAS LETRAS

Dende o EDLG do CEIP Sofía Casanova, un ano máis, puxemos en marcha o Certame Literario. 

Dende a etapa de Infantil ata segundo nivel de Educación Primaria o alumnado participa cun debuxo alusivo á cultura galega. A partires de terceiro ata sexto de Educación Primaria, poden participar en tres categorías: narrativa, poesía ou tira cómica.

Este curso 2018-2019, o agasallo recibido polos gañadores e gañadoras consiste nunha camiseta deseñada polo propio equipo que fai referencia ao proxecto que estamos a desenvolver: "UN COLE DE PELÍCULA". Tomouse como referencia unha ilustración realizada por Castelao para unha publicación editada pola nosa Sofía Casanova, "Princesa del Amor Hermoso". O seguinte paso foi encher a silueta con carátulas de películas de orixe galega.
E que mellor xeito hai de celebrar o Día da LETRAS GALEGAS? Pois entregándolle aos gañadores e gañadoras do Certame Literario o seu agasallo!

O xoves 16 de maio de 2019 comezamos a xornada recibindo á comunidade educativa cunha peza musical tocada á gaita por Daniel Bello, alumno de terceiro de primaria.


No recreo Dani tamén tocou varias pezas. 


Máis tarde, xuntámonos todos para celebrar ese momento tan agardado: A entrega de premios!

Se premedes aquí podedes ver o vídeo.

María e Aitor, de 3 anos; Lucía e Natalia, de 4 anos; Bruno e Mara, de 5 anos.

Sofía e Icía, de primeiro; Xare (ausente) Mateo e Carlota, de segundo.

De terceiro de primaria, Daniel, Héctor, Lorena e Nicolás. 

 De cuarto, Amanda, Carolina, Laura, Xoán e Hugo.

De quinto, Luna, Inés, Stella, Irene, Carola, María, Lucas e Erica (representando "Os nosos poemas" de 5º C).

Daniela e Noa, de sexto.

NORABOA AOS PREMIADOS 
E MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

Lembrade seguir pensando en galego para non esquecer a nosa cultura.

Ata o ano que vén!