Coma todos os cursos, o mes de maio é un dos nosos favoritos. Por que? Porque está cheo de flores, de música, de festa, de ledicia, de agasallos, de letras... está cheo da nosa lingua!
Queremos compartir con todos e todas algunhas imaxes do que para nós representa esta semana. Agardamos que o desfrutedes.
O martes "A XANELA DO MAXÍN" fíxonos pasar un anaco moi divertido participando con eles na súa obra de teatro "A gran viaxe das Letras Galegas".
E os pequenos de primeiro e segundo descubriron as letras á súa maneira. Preme na imaxe para ver máis.
O mércores, bailamos e saltamos coa música de Paco Nogueiras, no seu concerto "Cant@ contigo".
O xoves, entre todos e todas, creamos o noso Maio. Este ano foi moi especial porque tamén contamos coa colaboración das familias aportando as súas creacións cos Mini Maios.
%20(90%20x%2021%20cm).jpg)


.png)
%20(25.7%20x%2034%20cm).jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario