venres, 25 de xaneiro de 2019

ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS - LETRAS GALEGAS 2019


Coa cabeza posta nas nosas letras, podedes atopar na rede moita información sobre autor homenaxeado neste ano 2019, o antropólogo, historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas
Premede nas palabras destacadas para acceder ao seu contido.

- Dende a propia Consellería.

- Dende Museo do Pobo Galego.

- Dende a propia Real Academia Galega.


sábado, 22 de decembro de 2018

BOAS FESTAS E FELIZ 2019

O 21 de decembro, para dar a benvida ás festas do Nadal, os nenos e nenas de infantil cantaron panxoliñas ao resto do alumnado do cole.


Comezaron os de 5 anos coa popular "Buscando unha estrela".


 Logo, 4 anos con "Tres Reis en bicicleta", de Mamá Cabra. 



Finalmente, 3 anos cantaron unha versión en galego adaptada ao cole de "La marimorena".


Ademais, queremos agradecer a visita, esa mesma semana, dos avós e avoas da residencia Orpea por compartir as súas panxoliñas e momentos moi emotivos.



Boas festas e feliz 2019!

venres, 30 de novembro de 2018

TEMOS MOITO CONTO! de novembro

Estamos a tope coa actividade TEMOS MOITO CONTO! semella que novembro foi un mes apetecible para contar contos.

Candela e Noa, de 5º, contaron A tartaruga que quería durmir aos nenos e nenas de 5 anos.

 Andrea e Inés, de 5º, deixaron abraiados aos pequenos de 3 anos co seu conto.



 Candela e Noa, de 5º, contaron A caixa de cartón en 5 anos.

 
 Sabela e Reda, de 5º, tiveron intrigadísimos aos nenos de 4 anos co seu conto.





Andrea e Inés, de 5º, contaron A vella na botella aos nenos e nenas de 4 anos.

Hugo Eiroa, de 5º, contoulles aos máis pequenos do cole Os Bolechas queren saber que é o solo.









 Mencía, Nayara e Noela, de 3º, contaron As porcas porquiñas aos cativos e cativas de 4 anos.

Claudia, Irene e Julieta, de 5º, fixeron partícipes ao alumnado de 2º do conto Eu son unha árbore.

Moitas grazas a todas e todos por participar!

venres, 23 de novembro de 2018

CONTRA A VIOLENCIA


Dende o CEIP SOFIA CASANOVA rexeitamos calquer tipo de violencia, educando en valores que fomenten o respecto cara as diferencias.

O venres 23 de novembro xuntámonos alumnado e docentes cantanto "La puerta violeta" de Rozalén para concienciar sobre a violencia de xénero.

O Bufolector fixo un vídeo deste momento. Se o queres ver preme aquí➔ VíDEO 

En segundo de primaria, recopilaron imaxes. 




xoves, 1 de novembro de 2018

TEMOS MOITO CONTO! de outubro

Xentiña! Xa están en marcha as sesións de TEMOS MOITO CONTO! Lembrades en que consistían? Pois en que o alumnado máis vello do cole vaille ler ao máis novo contos en galego na sesión dentro do horario lectivo dedicada á lectura.
Aquí tedes algunhas das persoas que se animaron a inaugurar este curso.


Amelia quere un can foi contado nas aula de tres anos por Andrea e Julieta, de quinto.

Alicia e Sara, de quinto, contaron aos nenos e nenas de tres anos Inés do revés.

Na aula de cinco anos, Candela e Noa, de quinto, contaron A casa de cartón.

Moitas grazas!! 😉

mércores, 31 de outubro de 2018

VIDEOCONTOS POLO SAMAÍN

Parécenos unha iniciativa taaaan bonita que este equipo decidiu que merece unha entrada propia dentro do blog de Dinamización da Lingua Galega. Veredes:


Os titores de 2º, Verónica, Beatriz e Rubén, converteron ao seu alumnado en narradores de contos e, ademais, puxéronlles voz ás súas propias ilustracións. Como se isto fora pouco, non conformes, crearon uns videocontos fermosísimos!!! 

Aquí tedes. Esperamos que gocedes tanto coma nós cos VIDEOCONTOS POLO SAMAÍN!





  

MAGOSTO 2018 - Actualizado

Atención nenos e nenas, familias... todos e todas!!!
O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está a organizar a celebración do MAGOSTO para o mércores 31 de outubro. Tedes os vosos bandullos preparados?

Deixámosvos unha curiosidade sobre as variedades de castañas que podemos atopar polos soutos e as nosas fragas.

31 de outrubro de 2018: Chegou o día!! No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos deste día onde a choiva deixounos unha tregua para gozar das castañas e dos xogos populares que argallaron as profes de cada nivel.


Ademáis, como a data coincide co SAMAÍN os nenos e nenas de 1º e 2º de educación Primaria xunto coas súas profes adornaron o recibidor do cole baseándose na película COCO. Mirade que bonito lles quedou!


Por outra banda, o alumnado e profes de infantil tamén adornaron o seu edificio terroríficamente.


Aquí vos deixamos un pouco de música para acompañar esta festa terrorífica con Uxía Lambona e a Banda Molona

Deixámosvos outra curiosidade sobre a FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS do Museo da Terra de Melide.

"Os rosarios feitos con castañas cocidas, coa súa monda, resposta a unha tradición moi curiosa, hoxe por desgraza esquencida. As nais e avoas elaboraban os rosarios o Día de Todos os Santos e poñíanllos ós nenos para ir ata ós camposantos, coa crenza de que por cada castaña comida polos cativos, liberaban do seu tormento ás ánimas do purgatorio.

¿Quen non recorda levar un destes rosarios o día de todos os Santos cando acodía ó cemiterio? ¡Como pesaba!

Non deixemos que as nosas tradicións desaparezan. O Museo da Terra de Melide considera que non debemos permitirnos o luxo de deixar que se esvaeza a nosa rica cultura popular por causa da introdución comercial de determinadas manifestacións doutras sociedades que nada teñen que ver coa infinita e plural tradición propia do territorio galego. Tal é o caso da adopción do Halloween norteamericano, que se impuxo á celebración da festividade de Santos e Defuntos e tamén á festividade do Samaín de raigame indoeuropea (que volveu ás nosas latitudes reconvertida e reciclada a modo de Halloween cheo de zombies, vampiros, pantasmas e cabazas ocas de caras diabólicas, que mesmo chegaron a substituir e mandar para o faiado incluso á nosa arraigada Santa Compaña, Hoste, Estantiga, Estadea,... da que tanto se leva falado ó redor das lareias nas noites de invernía na nosa sociedade ancestral). 
[...]
Aínda que os nenos non coñezan o significado que envolvía esa práctica (a de liberar ás ánimas do purgatorio), sabrán que nesta festividade se leva a cabo esa práctica tan curiosa.

Parabéns pois, por contribuír a manter viva unha das nosas tradicións propias, que noutras partes desapareceron."