martes, 7 de abril de 2026

EU CONTO... TI ADIVIÑAS!

Dende a aula de 4ºB propoñen esta nova adiviña! 


Xa sabes a resposta?

Unha nova adiviña chega dende a aula de 6º de Educación Infantil. Prestade moita atención que aquí están as pistas!


Por fin chegou o día de saber a solución! Non estabades impacientes?
Adiante!



Preparade lapis e papel, que os nenos e nenas de 5ºB chegan cargadiños de adiviñas!


Tedes a man o código das adiviñas? Aquí chega a solución!


Chéganos unha nova adiviña da man dos nenos e nenas de 2ºB.
Adiante video!



E aquí chega a primeira adiviña dende a aula de 3ºB de EP. Atrevédesvos?


xoves, 26 de marzo de 2026

TEMOS MOITO CONTO! MARZO

 

Ian Dapena e Thiago Cano contaron Cando Martiño tiña ganas de mexar  na Noite de Reis na aula de 5º de Educación Infantil. Entre o público había unha admiradora moi especial á que lle encantou ver como o seu irmán lía un contiño na súa clase. Quedaron todos e todas encantados!


Tamén estiveron na aula de 4º de Educación Infantil onde escacharon coa risa. Volvede pronto Ian e Thiago!

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

No noso colexio quixemos festexalo a través dalgúns dos seus poemas.

 Velaquí algunha fotografía do traballo realizado.



domingo, 22 de febreiro de 2026

REVISTA "ENTROIDO 2026"

 Xa chega a Revista máis esperada da Historia, a 

"Revista do Entroido 2026"

Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.

Agardamos que vos guste!