luns, 22 de outubro de 2018

ARTISTADAS DO OUTONO

Comeza a exposición das ARTISTADAS DO OUTONO!!!
Mirade, mirade, que chuladas nos van achegando as nenas e nenos coa axuda das familias.











As familias poderán visitar a exposición o luns 29 de outubro de 4 a 5 da tarde. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.







venres, 19 de outubro de 2018

Benvido Outono 2018

-BENVID@S AO CURSO 2018-2019-

Damos a benvida a este novo curso 2018-2019 recibindo cos brazos abertos ao OUTONO!!!

A partires do luns 22 ábrese un espazo de exposición de ARTISTADAS DO OUTONO coas achegas do alumnado e das familias en forma de artesanía.
Mirade que cousiña máis bonita fixo Sara Piñeiro García (5 anos) coa súa familia: "A familia Castaña e o outono".


E que mellor cousa hai para concienciar aos máis pequenos do que está a acontecer ao noso redor? Pois ir de "investigación"!! Pois alá marcharon os máis pequenos do cole de roteiro polo REGO DAS XESTEIRAS!!

Nesta visita puideron sentir a humidade do ambiente, recoller follas e froitos desta estación, observar animais, percibir o efecto da man do ser humano na paisaxe... 
E vós? Saberíades recoñecer os elementos que atoparon estes cativos na súa saída?

Chegada ao parque de Celas de Peiro coa igrexa de Santa María ao fondo.

Posando coa Torre de Celas ou Fortaleza de Vinseira.

Xa no inicio do roteiro do Rego das Xesteiras aprézanse os cambios que produce o outono na paisaxe.

E para desprazarse polos seus camiños hai que ter moooi boa cordinación corporal e ser conscientes das propias capacidades e limitacións!!

O ser humano aproveitou a forza da natureza para o seu beneficio: creou os muíños de auga para moer o gran.

Atoparon eirugas, lesmas, arañas e caracois no camiño e puideron ver simpáticos zapateiros no río.


Recolleron unha mostra do atopado para analizar tranquilamente nas aulas.

E, por suposto, con semellante camiñata foi necesaria unha boa merenda para repoñer enerxía.

Realmente, estes nenos e nenas viviron unha magnífica xornada de convivencia en plena natureza!

(queda terminantemente prohibida a publicación do seu contido nas redes sociais)




















xoves, 28 de xuño de 2018

Quen anda polas rúas?

Aquí tedes a información recollida na actividade "Quen anda polas rúas?", enmarcada dentro do proxecto PERCORREMOS CULLEREDO, desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole.



xoves, 17 de maio de 2018

Especial LETRAS GALEGAS 2018


16 de maio de 2018. 
Gran celebración das 
LETRAS GALEGAS 2018!!


Comezamos a xornada recibindo ao persoal do centro con moita alegría. Marga, Sergio e Pablo fixéronnos vibrar coa muiñeira de Chantada.


Logo do recreo fomos ao pavillón para entregar os premios do Certame Literario 2018. Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria participaban cun debuxo. Mentras que dende terceiro ata sexto participaban nas categorías de narrativa, poesía e tira cómica. 


Comezamos o acto coa muiñeira de Chantada, nesta ocasión acompañan a Sergio (guitarra) e Pablo (gaita), Germán (bombo), Xerardo (tambor) e Lidia (pandeireta).


O acto foi presentado por José Daniel, Inés, Zaida e Laura, de sexto, que foron nomeando ás gañadoras e aos gañadores do Certame Literario por niveis. A cada un entregóuselles unha camiseta cun deseño alusivo ao traballo desenvolvido dentro do proxecto "Percorremos Culleredo" do EDLG, coa colaboración dos equipos de Biblioteca e de Actividades Complementarias.






A entrega de premios foi intercalada con música tradicional da nosa terra. Así, Daniel Bello interpretou magníficamente á gaita a muiñeira Carballesa.


Máis tarde unha chea de pandereteiros e pandereteiras animáronse a cantar e tocar unha versión de "O Galo" adaptada ao noso cole. Aquí tedes a letra por se vos apetece cantala:
O galo cando canta é día,
é día, é día.
O galo cando canta é día,
imos de parranda,
imos todo o día.
E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira,
e como somos da ribeira
imos de parranda a semana enteira.
E como somos tan galegos,
galegos, galegos,
e como somos tan galegos
imos de parranda polo mundo enteiro.
E como somos do Sofía,
Sofía, Sofía,
e como somos do Sofía
imos de parranda como moita alegría.


Logo, baixo a dirección de Marga, a profe de Educación Musical, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tocaron con frautas e percusión sendas pezas da nosa tradición popular. Espectaculares!!



Amoriños collín pola Lingua ao cantar.
Amoriños collín pola Lingua ao bailar.
Ao cantar, ao bailar e tamén ao xogar
Amoriños collín, seica poden durar.


O mar da língua
O que teño que facer
para a língua conservar
é falar ata fartar
en GALEGO moito máis.



Vivan as Letras Galegas,
Viva toda a nosa terra.



Rosalía, Castelao,
María Victoria Moreno
trovadores medievais e Manuel María.

Vivan as Letras Galegas
Viva toda a nosa terra.

Viva Culleredo, Oleiros,
Viva Cambre e A Coruña,
Viva Malpica e Fisterra


Finalmente, como calquera acto desta importancia que se precie, rematamos a xornada entonando todos xuntos o noso Himno.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 
queremos agradecer a todos os participantes deste acto a súa colaboración. 
Moitísimas grazas!!!




mércores, 9 de maio de 2018

xoves, 3 de maio de 2018

Comeza a conta atrás para celebrar o Día das Nosas Letras!!!

Lembrade que dende a internet podedes investigar sobre a autora homenaxeada deste ano:

MARÍA VICTORIA MORENO

Podedes botarlle unha ollada ao seguinte enlace para coñecer un pouco máis o amor desta escritora por Galicia, no que se defende que "AS LINGUAS SON DE QUEN AS HABITA".