mércores, 15 de xaneiro de 2025
TEMOS MOITO CONTO DE DECEMBRO
O AMENCER DA HUMANIDADE
Xa chegou ao noso colexio a exposición:
"O AMENCER DA HUMANIDADE"
Pásate polo corredor da planta baixa e quedarás abraiado!
domingo, 12 de xaneiro de 2025
GALISÓNS...XANEIRO!
Comezamos o ano cunha nova canción para adiviñar!
Apunta o nome da canción cos teus datos e méteo no buzón!
Adiante!
luns, 2 de decembro de 2024
GALISÓNS...DECEMBRO!!!
Xa está aquí de volta...GALISÓNS!!!
Despois de escoitalo, escribe o nome da canción nun papel xunto co teu nome, apelidos e curso e... ao buzón!
Adiante! Preme na imaxe!
luns, 11 de novembro de 2024
GALISONS!
Es bo recoñecendo cancións?
Pois... GalisÓns é o teu concurso!
Cada mes poñeremos unha canción, sen letra, só música. Se a recoñeces, escribe o nome da canción nun papel xunto co teu nome, apelidos e curso. Atoparás un buzón do EDLG no corredor da planta baixa do colexio.
Se es quen de adiviñalas todas... poderás gañar un premio! Haberá tres e... un pode ser teu!
(Se hai máis de tres acertantes, farase sorteo entre todos os que adiviñen todOs os GalisÓns).
AFINA OÍDO!
Preme na imaxe para escoitar a canción
luns, 4 de novembro de 2024
SAMAÍN DE MEDO!
Se queres ver o ben que o pasamos na nosa Cova do Samaín, aquí tes unha pequena mostra. Preme na imaxe e... non teñas medo!
venres, 4 de outubro de 2024
CANTAREIROS DO SOFÍA
Xa metidos de cheo no proxecto de centro e estades Percorrendo Galicia? Nós si. O noso cole volverase moi musical nos próximos días, xa que cada aula levará o nome dalgún artista ou grupo musical galego. Comezamos elaborando as súas caricaturas.
Estamos desexando velas todas!






