xoves, 7 de maio de 2026

COMEZA A SEMANA DAS LETRAS NO SOFÍA!

Co gallo da conmemoración das Nosas Letras, dúas grandes actuacións espérannos a vindeira semana!

Para os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo chega... A XANELA DO MAXÍN representando a súa obra "A gran viaxe das Letras Galegas".

E para os máis pequenos do cole; Educación Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria... "C@nto Contigo", concerto recopilatorio dos grandes éxitos de  Paco Nogueiras. 

Preparádevos para disfrutar do galego!

martes, 7 de abril de 2026

EU CONTO... TI ADIVIÑAS!

Adiviña 6ºA


Adiviña 5ºA

Adiviña 3ºA



Adiviña 4ºA

Adiviña 2ºA



Adiviña 4 anos


Adiviña 1ºA




Adiviña 6ºB




Adiviña 4ºB




Adiviña 5 anos



Adiviña 5ºB






Adiviña 2ºB



Adiviña 3ºB


xoves, 26 de marzo de 2026

TEMOS MOITO CONTO! MARZO

 

Ian Dapena e Thiago Cano contaron Cando Martiño tiña ganas de mexar  na Noite de Reis na aula de 5º de Educación Infantil. Entre o público había unha admiradora moi especial á que lle encantou ver como o seu irmán lía un contiño na súa clase. Quedaron todos e todas encantados!


Tamén estiveron na aula de 4º de Educación Infantil onde escacharon coa risa. Volvede pronto Ian e Thiago!

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

No noso colexio quixemos festexalo a través dalgúns dos seus poemas.

 Velaquí algunha fotografía do traballo realizado.



domingo, 22 de febreiro de 2026

REVISTA "ENTROIDO 2026"

 Xa chega a Revista máis esperada da Historia, a 

"Revista do Entroido 2026"

Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.

Agardamos que vos guste!




venres, 19 de decembro de 2025

DEBUXO HISTÓRICO

 Velaquí o resultado dos gañadores do concurso do Debuxo Histórico. Felicidades polo gran traballo realizado. E noraboa aos gañadores e gañadoras!




luns, 15 de decembro de 2025

TEMOS MOITO CONTO! DECEMBRO

Roi Pasantes e Noa Roade de 2ºA leron "Unha casa a medida" na aula de 5º Ed. Infantil.


Sara e Paula, de 2ºB de Ed. Primaria contaron "O país dos mandóns" na aula de 6º de Ed.Infantil.
Tamén se achegaron á aula de 4º de Ed. Infantil para contarlles esta historia. Graciñas rapazas! Aos nenos e nenas encantóulles!