luns, 25 de decembro de 2017

TEMOS MOITO CONTO! Finais novembro

Aquí estamos cunha nova entrada de TEMOS MOITO CONTO! correspondente a finais de novembro principios de decembro. E podemos asegurar que os nenos e nenas do Sofía son verdadeiros profesionais dos contacontos!

 Antonio, Anghelina e Iker, de 3º, contaron  
Orellas de Bolboreta aos nenos e nenas de 4 anos.

Irene, Lucía e Natalia, de 5º, contaron o famoso  
Coelliño Branco en 5 anos.

Nacho, Eloy, Mario e Stefan, de 6º, contaron  
O frautista de Hamelín aos nenos e nenas de 5 anos.
Daniel e Iago, de 6º, contaron Arco da Lúa en 4 anos.

Tania e Noa, de 5º, contaron Os tres bandidos en 3 anos.

Andrea e Tania, de 5º, contaron Cocorico  
aos nenos e nenas de 4 anos.

 Lucía, Laura T e Laura B, de 6º, contaron 
A ratiña presumida en 5 anos.

 Adriana, Sofía, Sara, Inés, Ángela e Noa xuntáronse para representar aos Bolechas en 3 anos.

Moitas grazas a todas e todos! Facédelo xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario